A persoa que queira iniciar estudos nunha das titulacións da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, sexa grao, mestrado ou doutoramento, unha vez estea admitida, debe facer os trámites de matrícula.

Para saberes máis e atopares toda a ‘info’ sobre o proceso de matrícula na Universidade de Vigo fai clic no seguinte botón:

Para informarse sobre o custo dos estudos, modalidades de pagamento e descontos e exencións, preme aquí:

A continuación resúmense as prazas ofertadas nas diferentes titulacións da EET. 

Curso académico 2021/2022

Estudos de grao

TITULACIÓNPRAZASCALENDARIOMATRÍCULA
Grao GETT (castelán/galego)
Grao GETT (inglés)
130
20
Preinscrición
Preinscrición
Automatrícula | Continuación
Automatrícula | Continuación

Convocatoria de matrícula 2021/2022 – Estudos de grao 

Estudos de máster

TITULACIÓNPRAZASCALENDARIOMATRÍCULA
Mestrado MET
Mestrado MuniCS
Mestrado M2i
Mestrado imcv
40
20
20
6
Cal. preinscrición
Cal. preinscrición
Cal. preinscrición
Cal. preinscrición
Automatrícula
Automatrícula
Automatrícula
Automatrícula

Convocatoria de matrícula 2021/2022 – Estudos de posgrao 

Estudos de doutoramento

TITULACIÓNPRAZASCALENDARIOMATRÍCULA
Doutoramento Doc-TIC30Cal. preinscriciónAutomatrícula

Convocatoria de matrícula 2021/2022 – Estudos de posgrao 

Para estudantes de continuación de estudos no GETT, é bo lembrar que cando realices o proceso de automatrícula, tes ter en conta que:

  • Existen simultáneamente dous planos de estudos, un deles en extinción. Para as materias do segundo curso do plano en extinción, este curso académico 2020/21 é o derradeiro con oportunidades de avaliación.  A adaptación ao novo plano será obrigatoria en caso de non ter todas as materias superadas ao remate do curso.
  • Implántanse no plano novo o cuarto curso do GETT, tanto na liña en español/galego como na liña en inglés. A estrutura non varía, pero hai algúns cambios de denominación e contidos nalgunhas materias da mención de Son e Imaxe.

En calquera caso, e para calquera consulta relacionada coa organización das titulacións de grao, diríxete a teleco.subdir.academica@uvigo.es ou teleco.grao@uvigo.es para recibires máis información.