Fernando Pérez González entra na RAGC

O noso compañeiro, o catedrático Fernando Pérez González, converteuse no primeiro enxeñeiro de telecomunicación en ingresar na Real Academia Galega de Ciencias. Dende xaneiro de 2019 forma parte tamén da directiva da RAGC.

Segundo as súas palabras, “Ademais da honra que supón ser elixido como membro da Real Academia  Galega de Ciencias, tamén supón a asunción dun compromiso coa misión da institución, que é promover a ciencia e a tecnoloxía e a súa influencia na Sociedade, difundindo a cultura e os valores científicos, creando opinión desde a independencia, para contribuír ao desenvolvemento social e económico de Galicia. A  RAGC desenvolve un gran número de actividades neste sentido: ciclos de conferencias, charlas en colexios, o Día da Ciencia en Galicia, onde se homenaxea a un científico destacado galego xa falecido, as medallas de investigación da Academia, premios de divulgación científica, premios de xornalismo científico, premios á transferencia de tecnoloxía en Galicia, e un longo etcétera. A  RAGC tamén elabora informes sobre a situación e evolución da ciencia galega. Desde a nova directiva demos un enorme pulo ás actividades promovidas pola institución e adaptámonos ás necesidades da Sociedade; así, por exemplo, organizamos ciclos de conferencias sobre a Covid-19, os últimos avances no coñecemento sobre o cancro ou sobre a economía circular.”

Informacións na prensa: