Créase a Cátedra R de Ciberseguridade

A cátedra R en Ciberseguridade foi a primeira interuniversitaria de Galicia, cun acordo entre a empresa R, a Universidade de Vigo e a Universidade da Coruña (UDC). 

Dirixida pola profesora Ana Fernández Vilas, consta dunha comisión coordinadora con representación da Facultade de Informática da UDC. Para a  EET supón un fito importante na súa relación co tecido empresarial e un reforzo claro do Máster Interuniversitario en  Ciberseguridade, dado que os seus piares básicos de actuación son:

  1. A promoción das competencias profesionais do alumnado universitario
  2. A mellora da capacitación no campo da  Ciberseguridade
  3. A ampliación ou actualización dos coñecementos técnicos ou habilidades dos membros da comunidade universitaria ou doutros profesionais para adaptalos ás necesidades da empresa e
  4. O fomento da formación continua e da innovación na Investigación en  Ciberseguridade.