Constituímos unha rede de traballo, unha interrelación que conecta organismos e empresas do sector coa Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e especialmente co estudantado e profesionais que nela se forman. Hai anos que varias destas entidades viñan colaborando nas actividades formativas ou de prácticas da Escola. Esta sinerxia calla agora nunha malla cooperativa.

A iniciativa busca a excelencia na formación de futuros profesionais da telecomunicación, atraendo estudantes que aínda non se matricularon na universidade e tamén, potenciando o interese e premiando os esforzos dos que xa se están formando con nós. Ambas accións redundan en mellores posibilidades de contratación por parte das empresas e organismos que participan en Conexión | Teleco. 

Na actualidade somos unha rede formada por 16 entidades, empresas ou centros tecnolóxicos, cun obxectivo común: preparar conxuntamente o futuro das telecomunicacións.

Como participar en Conexión | Teleco?

As entidades que desexen participar na nosa rede poden facelo de dous xeitos, segundo sexan as súas achegas ao proxecto. Así, poden ser entidades Amigas ou Mecenas. Comeza esta a nosa relación con 11 Mecenas e 5 Amigas.

Todas as entidades comprométense a ofertar prazas de prácticas ao estudantado da Escola e a promocionar este compromiso por medio duns pequenos vídeos, nos que explican en que sector son líderes e as razóns polas que lles interesa contratar persoas tituladas en enxeñaría de telecomunicación da EET da UVigo.

Mecenas

As entidades Mecenas adquiren a maiores compromisos de patrocinio de premios…

  • Premios a estudantes de primeiro curso co mellor expediente académico –uns premios de recente implantación–
  • Premio aos mellores proxectos do Laboratorio de Proxectos –Premios LPro–.

… ou tamén é posible patrocinar, entre outras, iniciativas como:

  • As “Olimpiadas nacionales de telecomunicación” –das que a Escola é co-organizadora–
  • Os actos de graduación –Grao e Máster– que se celebran cada ano na EET
  • Os premios aos mellores traballos de fin de titulación
  • Colaborar coas actividades de divulgación e captación de estudantado.

Facendo clic en cada cadro irás a un vídeo da entidade preparado expresamente para Conexión | Teleco

Entidades amigas

Fai clic para ver os vídeos.

Outras empresas e organizacións que colaboran coa Escola

Ademais das compañías e organismos que forman parte de Conexión | Teleco, tamén colaboran coa Escola en diversos labores e por diferentes medios, as seguintes entidades:

2MARES. Innovation is in yor team

Telefónica

Stellantis

Itelsis Group

Spica. Sistemas audiovisuales

CRTVG

Cocodin Technology

Altia

Egatel

CouncilBox

Deloitte

Qbitia. Group Solventis

Teltek. Video research

Moonoff

Sonen. Ingeniería acústica

Orange

IS2 Global Telecom Solutions

Satec

Sivsa

I+D3. Soluciones para parking

Plexus

Abanca

HCTech. I+D+Hidrografía

Citious

Arca. Part of Accenture

TuryElectro

Coremain

Retegal. Redes de telecomunicación galegas

Vodafone

MásMovil

Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia

Queres formar parte de
Conexión | Teleco?

Se tedes interese en colaborar coa Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, por favor,
contactade coa Dirección do centro