Baixo a coordinación da nosa Escola a UVigo lidera MarMOOC, o seu primeiro proxecto CBHE

O proxecto MarMOOC (Apprentissage Hybride Mutualisé et Ouvert dans les Universités Marocaines, 573583‐EPP‐1‐2016‐1‐ ES‐EPPKA2‐CBHE‐SP) está financiado pola Unión Europea baixo a convocatoria Capacity Building Higher Education (CBHE), promovida pola  EACEA (Education, Audiovisual  and  Culture  Executive  Agency). 

Baixo a coordinación da nosa compañeira Rebeca P. Díaz Redondo foi o primeiro proxecto desta convocatoria coordinado pola Universidade de Vigo. Nel participaron un total de 13 entidades socias (seis universidades europeas, 6 universidades marroquís e tamén participou o Ministerio de Ensinanza superior de Marrocos). Ten un orzamento de case un millón de euros e o obxectivo, nos tres anos de duración, de crear a primeira plataforma de cursos en liña (MOOCs, Masive Open Online Course, e SPOCs, Small Private Online Courses) en Marrocos.

MarMOOC incluirá unha oferta de cando menos unha ducia de cursos masivos, con certificados de realización e o uso do sistema ECTS, centrados en seis áreas de coñecemento prioritarias para o país norteafricano como son a economía e administración de empresas, dereito, ciencias, enxeñaría, pesca, agricultura e saúde.

Nova no Faro de Vigo: Vigo coordina la primera iniciativa de cursos universitarios “on line” en Marruecos