Programa de orientación (académica e profesional) para o estudantado de grao e máster durante a súa estancia na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.

orientaTE

Que é orientaTE?

orientaTE é un conxunto de oportunidades que se ofertan para o estudantado das diferentes titulacións da Escola para complementar a formación regulada con coñecementos e ferramentas cara o seu exercicio profesional:

Formación transversal e complementaria

A través dun conxunto de obradoiros, hackatóns, capture-the-flag, cursos ou visitas que engaden coñecementos aos adquiridos nas materias de Grao e Máster.

Orientación cara ao mercado laboral

Charlas impartidas por profesionais en exercicio, moitos deles titulados na Escola en promocións anteriores, que comparten as súas carreiras profesionais e as súas impresións sobre o mercado laboral.

Mentorización cara aos primeiros pasos profesionais

Profesionais senior que, coa súa experiencia, fan funcións de mentor/a profesional na adaptación á vida laboral das persoas que rematan a súa etapa formativa 

En que consiste?

orientaTE é a parte do Programa de Acción Titorial (PAT-ANEAE) enfocada ao estudantado que xa está asentado na Escola e que ten interese en ir máis aló, buscando orientación na súa formación técnica e transversal (soft skills), no seu coñecemento da profesión, ou nos pasos para deseñar unha carreira laboral e/ou académica.

Calendario

As diferentes actividades irán anunciándose ao longo do curso académico na materia orientaTE en Moovi e nesta páxina web:

  • VI Xornadas de Tecnoloxía para o Ben Común, Artigo9Tech, 21/11/25
  • Obradoiro Introdución á tecnoloxía Angular para o desenvolvemento de aplicacións web, Altia, 26/11/25
  • Hackathon IBAI4DS Closed Loop Automations Challenge with IA, Optare Solutions, 11/12/25
  • Obradoiro Proxecto Piloto Intelixencia Artificial Xenerativa para estudantes, 03-11/02/26
  • Actividades de XXVI Foro Tecnolóxico do Emprego
    • Charla IA, ¿Enemiga o Aliada?, Gradiant, 24/02/26
    • Charla More than you see: Comprendendo a enxeñería e a toma de decisións que hai detrás do sistema de apertura dunha xanela, STAC, 24/02/26
    • Charla Consultoría en Acción: El poder del dato, Deloitte, 24/02/26
    • Charla Electrónica de Potencia, Norvento, 24/02/26
    • Charla Dimensionamiento de un sistema de potencia para un SmallSatellite, DHV, 24/02/26
    • Charla Agentes Inteligentes: El Nuevo Paradigma de la IA, DataSpartan, 25/02/26
    • Charla Vigila donde pisas, CEAGA, 25/02/26
    • Charla Gemelo Digital de Producto con MBSE (Ingeniería de Sistemas Basada en Modelos): Diseña, Modela, Simula y Valida Productos Complejos, Accenture, 25/02/26
    • Charla Estudio de cobertura en redes móviles 4G/5G en interiores, Televes, 25/02/26
  • Charla ¿Teño claro que mención quero seguir?, 18/03/26
  • Charla Introdución práctica á adquisición de datos (DAQ) e LabVIEW na enxeñaría moderna, 24/03/26
  • Charla Copilot como aliado no desenvolvemento, de cero a avanzado, Plain Concepts, 08/04/26
  • Visita ás instalacións de Navantia en Ferrol, Navantia, 25/03/26
  • Obradoiro Ataques a IA e Detección con Ferramentas de SOC, Altia, 17/04/26
  • Xornada de información sobre mestrados da EET ao estudantado de grao, 22/04/26
  • Laboratorio e Demostrador Ciber(in)seguridade industrial e casos prácticos, InprOTec e Tecdesoft, 22-29/04/26
  • Charla Enxeñaría acústica en voo Medicións a 12 km de altitude, AirBus, 29/04/26
  • Charla Redes de Audio Conexión dixital de equipos de son en concertos, estudios e instalacións permanentes, Suso Ramallo, 12/05/26
  • Hackathon Un futuro con comunicacións ópticas subacuáticas, monodon by Navantia e QOPHI Lab, 08-10/07/26

As actividades do curso 2024/25 foron:

  • Charlas “A actividade da Enxeñaría de Telecomunicación no ámbito da…”
    • 17, 24 e 31 outubro e 20 e 27 novembro de 2024
  • Charlas “A actividade da Enxeñaría de Telecomunicación no ámbito da…”
    • 17, 24 e 31 outubro e 20 e 27 novembro de 2024
  • Charla Indra “Desenvolvemento electrónico e RF para os sistemas de fragatas F110”
    • 15 de novembro de 2024
  • Obradoiro Altia “Virtualización de contenedores con Kubernetes”
    • 21 de novembro de 2024
  • Charla “A Máquina Enigma: O código secreto dos nazis e o esforzo aliado para descifralo”
    • 28 de xaneiro de 2025
  • Charla “Novo Plan de Estudos de Grao: cambios e resolución de dúbidas”
    • 29 de xaneiro de 2025
  • Charla “Coñece á ONGD Enxeñería Sen Fronteiras Galicia”
    • 5 de febreiro de 2025
  • Charla ” ¿Teño claro que mención quero seguir?”
    • 12 de febreiro de 2025
  • Participación “X Jornadas sobre Tecnologías y soluciones para la Automatización Industrial (JAI 2024)”
    • 10 ao 14 de febreiro de 2025
  • Xornada Rohde & Schwarz “New space. Medidas avanzadas en alta frecuencia e caracterización de materiais”
    • 6 de marzo de 2025
  • Actividades de XXV Foro Tecnolóxico do Emprego
    • 11 e 12 de marzo de 2025
  • Charla “Novo Plan de Estudos do MET: cambios e resolución de dúbidas”
    • 19 de marzo de 2025
  • Charla “Mestura inmersiva, de fontes mono/polifónicas, e escoita binaural”
    • 20 de marzo de 2025
  • Obradoiro Altia “Xeración e detección de malware en contornas empresariais”
    • 2 de abril de 2025
  • Hackathon Optare “Tecnoloxías de Virtualización Lixeiras – WebAssembly”
    • 10 de abril de 2025
  • Obradoiro “Intelixencia Artificial na xestión de emerxencias”
    • 23 e 30 de abril de 2025

Teño moi pouco tempo, a que me comprometo?

Anotándote ao programa orientaTE tes a oportunidade de que a túa participación nas diferentes propostas que o conforman che reporte un recoñecemento en forma de acreditación da actividade e, nalgúns casos, como horas ECTS que se incorporarán no teu expediente.

Soa ben, é para min?

Se estás estudando calquera titulación da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, é para ti.

Eu non acabo de telo claro, hai máis información?

Se desexas máis información sobre o programa en xeral ou sobre calquera dos seus aspectos, podes ver este documento e/ou dirixirte á Coordinación do Plan de Acción Titorial da Escola (teleco.pat@uvigo.gal), para facer preguntas por correo electrónico ou para concretar unha xuntanza presencial ou virtual na que tentaremos clarexar todas as túas dúbidas.