Quen pode participar e como?

Podes participar en equipos (de 2 a 6 estudantes) nas tres seguintes categorías:

  • (i) 2º, 3º e 4º de ESO
  • (ii) Bacharelato
  • (iii) Ciclos formativos de grado medio e/ou superior

Cada equipo deseñará e desenvolverá un proxecto aliñado coa enxeñería de telecomunicación e o ODS 3. Poderá utilizar para iso o material que lle proporcionará a EET (kits de placas programables compatibles co IDE de Arduino). As comunicacións (por exemplo 5G, LoRaWAN, Wifi, Bluetooth, etc.) deben estar presentes no proxecto. Permitirase a participación de máis dun equipo por centro; o número máximo detallarase cando termine o prazo de inscrición, e dependerá do número total de equipos que se inscriban.

Se és estudante de Bacharelato, tamén podes participar de forma individual.

Neste caso proporase a resolución dun conxunto de problemas relacionados coa Enxeñería de Telecomunicación, sendo o seu foco a utilización enxeñosa das ferramentas físico-matemáticas coñecidas polo alumnado deste nivel educativo.

Tes información detallada aquí.

Que podo gañar?

Ademais da experiencia e da posibilidade de levar os premios que se indican debaixo, só por participar xa gañas:

  • O teu centro educativo recibirá un kit de placas programables compatibles co IDE de Arduino valorado en 100 €.
  • Ofrecémosche formación sobre a programación para Arduino no mes de xaneiro.

Fases da competición e premios

A competición consta de dúas fases:

1º Fase: clasificatoria

A competición entre os equipos que se apuntaron na nosa Escola (EET UVIGO) terá lugar os días :

  • 25 de abril: equipos ESO.
  • 26 de abril: equipos FP e Bacharelato.
  • 27 de abril: individual Bacharelato.

Na competición por equipos, tedes desde xaneiro para traballar no voso proxecto. En cada categoría, daranse 4 premios:

  • Premio á mellor proposta técnica:
    • 400 € ao equipo e
    • 400 € ao centro educativo
  • Premio á proposta máis orixinal:
    • 300 € ao equipo
  • Premio á proposta máis aliñada co ODS 3:
    • 200 € ao equipo

Na competición individual, daranse 3 premios:

  • Primeiro premio: 400 €
  • Segundo premio: 300 €
  • Terceiro premio: 200 €

2º Fase: nacional

Na competición por equipos, os mellores proxectos pasan directamente á competición nacional, que será en maio de 2024. Daranse 4 premios, cuxa contía dependerá dos patrocinadores:

  • Mellor proposta técnica
  • Proposta máis orixinal
  • Proposta máis aliñada co ODS 3
  • Mellor comunicación e exposición de proxecto

Na competición individual, entregaranse premios ás tres persoas que alcancen a mellor puntuación.

Como me podo inscribir?

Podes facelo a través do seguinte formulario:

Tes dúbidas?

Podes resolvelas en:

Entidades patrocinadoras da competición clasificatoria na UVIGO