Créase a Cátedra Deloitte

A empresa Deloitte e mais a Universidade de Vigo constitúen en decembro de 2016 a cátedra de colaboración promovida desde a Escola.

A longa colaboración entre a EET e Deloitte Advisory, especialmente no ámbito de Ciberseguridade, institucionalizouse na creación da Cátedra Deloitte Advisory, formalizada polo Reitor e máis polo socio de Deloitte Rubén Frieiro, Enxeñeiro de Telecomunicación pola nosa Escola.

A Cátedra tivo unha importante influencia en dar pulo á formación en ciberseguridade na EET, primeiro por medio da participación de persoal da empresa nos cursos complementarios organizados dende o centro; despois impartindo formación directa a través de obradoiros, tanto técnicos como empresariais, dirixidos a estudantes e docentes e finalmente apostando decisivamente polo actual Máster Interuniversitario en Ciberseguridade (MUniCS).

Na actualidade, a Cátedra fomenta o aspecto máis social das actividades de telecomunicación, e apoia á Escola no seu proceso de adaptación á nova realidade de docencia online ou mixta.

Nova da creación da Cátedra en La Voz de Galicia: A Universidade de Vigo pon en marcha a primeira cátedra de ciberseguridad de Galicia