Estes formularios recollen as manifestacións de satisfacción ou insatisfacción dos distintos grupos de interese vencellados á Escola, ou achegan iniciativas de mellora da calidade no Centro. Poden enviarse de xeito anónimo, mais se se precisa resposta, debe facilitarse un correo electrónico ou os datos necesarios para facer chegar a contestación. O prazo de resposta é, como máximo, de 15 días hábiles.

Definicions de interese

Suxestións

Presentarase unha suxestión cando se desexe propoñer unha iniciativa de mellora da calidade na EET.

Queixas

Presentarase unha queixa cando se desexe poñer de manifesto a insatisfacción con algún servizo do centro ou a existencia dalgún problema relacionado coa EET. Haberá dous tipos de queixas:

  • Queixas sobre aspectos xerais.
  • Queixas relacionadas específicamente coas actividades docentes (por exemplo, ausencia do profesorado ou incumprimiento de titorías).

Parabéns

Presentarase un parabén cando se desexe expresar agradecemento respecto a algún servizo prestado polo centro.

Reclamacións

É necesario presentar unha reclamación, sen exclusión doutros motivos, nos seguintes casos:

  • Solicitude individual de cambio da data dun exame por causas de forza maior
  • Solicitude de revisión de exame por un tribunal, trala publicación das notas definitivas

Canles e observacións

Podes acceder ao formulario de Queixas Suxestións e Parabéns nesta páxina, e presentala telematicamente.

A canle para facer chegar ao Equipo Directivo unha Reclamación debe ser o Negociado de Asuntos Xerais do Centro.

Observacións

  • Non serán atendidas aquelas queixas ou suxestións nas que se advirta abuso de dereito ou carencia de fundamento.
  • As reclamacións deben ser presentadas por escrito no Negociado de Asuntos Xerais da escola, onde se lles dará rexistro de entrada. As reclamacións deben estar firmadas polas persoas interesadas.

Mais información

Para mais información, incluido o informe anual do sistema de Queixas, Suxestións e Parabéns da Universidade de Vigo, pódese consultar o seguinte enlace web: https://www.uvigo.gal/universidade/calidade/programas-calidade/sistema-qsp

Proceso de xestión de queixas, suxestións e parabéns (Procedemento estratéxico MC02, aprobado en Xunta de Escola, 11 de marzo de 2015)

Informe Anual de Revisión pola Dirección (PDF) recólle os datos e a análise das Queixas, Suxestións e Parabéns recibidas en cada curso académico.