Na EET ofertamos formación práctica e orientada a proxectos en dúas titulacións de grao (unha delas en inglés), catro titulacións de mestrado e un programa de doutoramento. E é ben saber que o estreito vínculo do centro co tecido empresarial permite ao noso estudantado facer prácticas e traballos de fin de titulación remunerados mentres está estudando con nós.

GETT

O Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (GETT) é un grao multidisciplinar no que adquirirás sólidas competencias en comunicacións, programación e electrónica, tan demandadas hoxe en día no ámbito das Tecnoloxías da Información e Comunicacións. Consta de 4 mencións ou especialidades (Sistemas de Telecomunicación, Telemática, Son e Imaxe e Sistemas Electrónicos). Se queres obter dúas destas mencións, podes facelo se estudas 18 ECTS adicionais (3 materias) aos 240 ECTS da titulación (4 cursos académicos). 

Tés información detallada desta titulación no seguinte botón

Ofertamos esta titulación tamén en inglés, Bachelor Degree in Telecommunication Technologies Engineering (BTTE), con máis do 80% das materias obrigatorias neste idioma e en pequenos grupos de non máis de 20 estudantes.

Tés información detallada desta titulación na seguinte ligazón

MET

O Mestrado en Enxeñaría de Telecomunicación (MET) consta de 120 ECTS (2 cursos académicos), nos que podes especializarte en Telemática, Procesado de Sinal para Comunicacións, Radiocomunicación e Electrónica. Conseguirás ter unha formación práctica e avanzada que capacita para exercer como Enxeñeiro/a de Telecomunicación, unha das profesións máis demandadas. Podes acceder directamente dende o GETT/BTEE. Se tés un grao noutra enxeñaría, podes consultar as condicións de acceso contactando coa coordinación do mestrado.

Tés información detallada desta titulación facendo clic neste botón

MUniCS

O Mestrado Interuniversiario en Ciberseguridade (MUniCS) consta de 90 ECTS (1,5 cursos académicos) nos que te formarás como profesional de alta cualificación en todos os procesos técnicos, organizativos, operativos e forenses relativos á seguridade dixital. A docencia impártese de forma presencial coordinada na Universidade de Vigo e na Universidade da Coruña durante o primeiro curso, deixando o último cuadrimestre adicado ás prácticas en empresa (obrigatorias) e máis ao traballo de fin de titulación.

Tés información detallada desta titulación facendo clic neste botón

MQIST

O Mestrado Universitario en Ciencia e Tecnoloxías da Información Cuántica (MQIST) consta de 60 ECTS (1 curso académico) nos que te formarás como especialista científico e tecnólogo/a de alta cualificación na área da computación e o procesamento cuántico da información. Este mestrado é impartido conxuntamente polas Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo.

Tés información detallada desta titulación facendo clic neste botón

imcv

O Mestrado Internacional en Visión por Computador (imcv) consta de 90 ECTS (1,5 cursos académicos) no que te formarás como experto/a en técnicas de procesamento de imaxes e vídeos, así coma na súa aplicación en ámbitos como a Intelixencia Artificial. Este mestrado é impartido conxuntamente pola Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña, a Universidade de Vigo e a Universidade de Porto. 

M2i

O Mestrado en Matemática Industrial (M2i) consta de 90 ECTS (1,5 cursos académicos) no que te formarás como experto/a na construción de solucións a problemas industriais dende unha perspectiva matemática. Consta de dúas especialidades: Modelización e Simulación Numérica e é impartido conxuntamente pola Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña, a Universidade de Vigo, a Universidad Carlos III de Madrid e a Universidad Politécnica de Madrid.