Os estudos de Enxeñería de Telecomunicación en Galicia nacen en 1985 coa creación da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros (ETSE) de Telecomunicación no campus de Vigo, adscrita á USC (Universidade de Santiago de Compostela). Esta titulación só se impartía, nese momento, na Universidad Politécnica de Madrid (UPM) e na Universitat Politècnica de Catalunya (UPC), polo que a afluencia de estudantes do noroeste peninsular foi moi numerosa. En 1990, a Xunta de Galicia aproba a segregación das universidades de Vigo e da Coruña e a ETSE de Telecomunicación pasa a depender da Universidade de Vigo.
Ao principio, a titulación compartiu sede coa Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais, ata que no curso 1990/91 inaugúrase o edificio actual da Escola (EET). Dende esa primeira titulación os estudos foron evolucionando para adaptarse á rápida evolución das tecnoloxías da información e das telecomunciacións e para adaptarse tamén aos novos regulamentos do estudios universitarios.
Na actualidade ofértanse dous graos habilitantes para a profesión de Enxeñeiro/a Técnica de Telecomunicacións (un impartido en galego/castelán e outro en inglés) con catro mencións ou especializacións: telemática, son e imaxe, sistemas de telecomunicación e electrónica.
Adicionalmente, ofértanse catro titulacións de mestrado, sendo o Mestrado en Enxeñaría de Telecomunciación unha titulación habilitante para a profesión de Enxeñeiro/a de Telecomunicación, e un programa de doutoramento.
Nesta páxina podes ver algúns fitos históricos do noso centro, tanto no ámbito da docencia, coma no da investigación ou, simplemente, o día a día da vida en Teleco.

Por segunda vez na súa historia a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación volve ter unha directora á súa fronte, a profesora Rebeca P. Díaz Redondo. Substituirá a Íñigo Cuíñas, que levaba 6 anos no cargo.

Creada na EET ten por obxectivo fomentar o traballo multidisciplinar en enxeñaría e o uso de enerxías renovables

Proxecto europeo baseado na personalización e planificación intelixente do patrimonio cultural nas rutas de peregrinación de Europa

Participan as tres universidades galegas máis a de Porto. Toda a docencia se imparte en inglés

Equipo dedicado ao deseño, fabricación e operación de pequenos satélites e misións espaciais dentro do ámbito educacional

Ten por obxectivo potenciar o emprendemento desevolvendo de competencias transversais que melloren a capacitación do estudantado

O doutoramento, no ámbito da fotónica integrada, é parte das accións Marie Curie de Redes Europeas de Formación no marco do H2020

É acreditación considerada como a máis prestixiosa que pode obter un título de enxeñaría concedido en Europa

O equipo de estudantes da Escola presentou unha proposta baseada no uso da realidade virtual como ferramenta educativa

Facilita as transmisións entre sensores instalados en terra e drones encargados de localizar o lume e delimitar as súas dimensións

Foi a primeira interuniversitaria de Galicia, cun acordo entre a empresa R, a UVigo e a Universidade da Coruña

O obxectivo do mestrado é dotar á industria de profesionais para afrontar os novos retos

Ten por obxectivo fortalecer a gobernanza das universidades marroquís a través de ferramentas de control de xestión.

Tivo unha importante influencia en dar pulo á formación en ciberseguridade na nosa Escola

MarMOOC incluirá unha oferta de cursos masivos en áreas prioritarias para Marrocos: economía e administración de empresas, dereito, ciencias, enxeñaría, pesca, agricultura e saúde.

As persoas que o cursaron saen cunha formación técnica que as habilita como actores esenciais no noso sector e noutras áreas dada a transversalidade do ámbito TIC

O catedrático de universidade José J. Pazos Arias segue o ronsel deixado por Fernando Pérez González que foi nomeado académico dous anos antes

O noso compañeiro foi nomeado Fellow Member, unha distinción que constitúe a máis alta honra que pode acadar unha persoa pertencente ao IEEE

Unha celebración festiva do 30 aniversario da Escola e do 25 da primeira promoción

No ano 2018 foi reelexido ata o 4 de marzo de 2021

Con case tres millóns de euros de orzamento e a participación de vinte universidades, é un proxecto para a formación en educación superior no ámbito das tecnoloxías verdes

Foi o primeiro enxeñeiro de telecomunicación en ingresar na Academia de Ciencias. Dende xaneiro de 2019 forma parte da directiva

O Grao comezou a impartirse en setembro de 2010 tras a adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior

Feira tecnolóxica para avaliar e dar a coñecer o traballo realizado na materia Laboratorio de Proxectos do Grao (GETT)

O certificado garante que a EET utiliza mecanismos que facilitan a mellora da calidade das titulacións e os procesos de avaliación externa

Programa de mentoría no que o estudantado de cursos avanzados bota unha man ao que acaba de chegar

Unha formación orientada a dar solución a problemas industriais, especializada nas tecnoloxías de modelización matemática e na simulación numérica

Implicou a fusión e expansión dos programas de doutoramento en Teoría do Sinal e Comunicacións e Enxeñaría Telemática

Os obxectivos: Ffavorecer o desenvolvemento económico e social a través da cooperación na educación superior e o I+D+i nas institucións académicas do norte de África e contribuír á mellor gobernabilidade deses países

Subíu ao espazo desde a Güiana a bordo do foguete Vega da Axencia Espacial Europea

A Escola adopta un nome inclusivo, respecto ás mulleres, e máis representativo da formación académica que xa se impartía

Xuntouse o coñecemento e esforzo de máis de 150 persoas investigadoras no ámbito das telecomunicacións e os servicios dixitais

Celebrouse debullando os fitos acadados e enumerando os retos presentes e futuros: un novo grao, o novo máster e a creación de dous centros de investigación

Participaron máis de 200 congresistas de todo o mundo

Proporcionaban un contacto directo entre persoas con necesidades específicas e especialistas en mitigar barreiras do mundo dixital

Foi nomeado polo padroado no que están representados o Ministerio de Defensa, a Armada e a Universidade de Vigo

Tamén a primeira persoa egresada da EET en dirixir o noso centro

O centro achega coñecemento en tecnoloxías de telecomunicación a procesos e produtos que desenvolven as empresas

Traballouse na protección de datos en internet, nos avances en televisión dixital, no campo de sistemas de redes, e fomentouse o debate sobre métodos docentes

Foi director da EET entre 2003 e 2009. Previamente fora subdirector cos directores José Santos e Antonio Pena.

Organizado por e para o estudantado co apoio da UVigo, as Escolas, os Colexios Oficiais e outras institucións públicas e privadas

Un novo intento despois dunha iniciativa fracasada no 1997

Docampo, catedrático da EET, foi reitor durante dúas lexislaturas, oito anos en total

Loreto Rodríguez Pardo, hoxe docente do Centro, obtivo o galardón co PFC “Virtual Instrumentation and Schematic Capture Program”

E o primeiro con toda a súa formación académica na EET

É a asociación que agrupa todas as persoas que representan o estudantado na nosa Escola

Era un medio informativo e reivindicativo dos dereitos do estudantado.

Antes de ter esta nova sede, a titulación impartíase na Escola de Enxeñaría Industrial

O evento tivo un papel decisivo no posicionamento da Escola como centro de prestixio, podéndose comprobar o potencial investigador da EET

Moitas persoas desta primeira promoción fixo carreira docente e investigadora na UVigo e forman parte actualmente do profesorado da Escola

Foi o derradeiro título expedido pola USC, xa que desde o 1 de outubro a nova UVigo sería a responsable de facelo

Pensado para recintos privados, o prototipo foi patentado internacionalmente, sendo pioneiro no seu ámbito

Durante o seu mandato comezou o procedemento de oferta, adxudicación e presentación dos TFC

Cinco anos de formación co primeiro curso común a todas as enxeñarías. O 2 de novembro impartíuse a primeira clase