Para a EET esta colaboración universidade-empresa favorecerá que o estudantado de grao, mestrado e doutoramento do centro teña un ensino máis diversificado e máis orientado ao mundo laboral. Por outra banda, Indra poderá estar acompañada nas súas liñas estratéxicas grazas ao contido tecnolóxico dos estudos que se imparten na Escola.
Obxectivos
As actividades da Cátedra teñen as seguintes liñas estratéxicas de actuación:
- A creación dun programa de captación de talento, que teña por finalidade a formación de excelencia do estudantado da EET
- Colaboración e apoio no Plan de Difusión e Captación da EET para a realización de actividades de visibilidade e difusión entre o alumnado preuniversitario dos estudos que se imparten na Escola, redundando así no fomento das súas vocacións científicas e tecnolóxicas.
- A colaboración en actividades transversais á docencia, nomeadamente no ámbito do Plan de Acción Titorial (orientaTE) e do Plan de Mentorización (MEET-Teleco)
- A realización de proxectos e programas de investigación científica, desenvolvemento e innovación tecnolóxica
- Organización de xornadas, conferencias, seminarios e foros relacionados con temas de interese no ámbito da Cátedra.
- A promoción da posta en marcha de actividades formativas que teñan por obxecto a capacitación, especialización e actualización de competencias dos membros da comunidade universitaria, atendendo ás necesidades competitivas da empresa
Actividades
Entre as actividades a desenvolver ao abeiro da Cátedra Indra-UVigo, destacan a colaboración e o apoio ao Plan de Difusión e Captación da EET para a realización de actividades de divulgación científica e tecnolóxica, co obxectivo de fomentar as vocacións científicas e tecnolóxicas entre o alumnado máis novo. O patrocinio da Olimpíada Teleco, un concurso para o estudantado de ESO, Bacharelato e ciclos formativos de grao superior; a colaboración no plan orientaTE e no programa de mentorización MEET-Teleco; promoción de eventos científicos e tecnolóxicos e a realización de proxectos e programas de investigación científica, desenvolvemento e innovación tecnolóxica, son outras actividades a desenvolver ao abeiro da Cátedra Indra-UVigo.
Actividades 2024
No ano 2024, a cátedra Indra-UVigo promoveu e patrocinou as seguintes actividades:
- Día que se celebra o 4º xoves do mes de abril e que foi establecido no ano 2010 pola Unión Internacional de Telecomunicaciones (UIT), o organismo das Naciones Unidas especializado nas telecomunicacións. O seu obxectivo é fomentar as vocacións tecnolóxicas nas nenas e mozas, así como reducir a fenda dixital de xénero.
- Este día internacional –11 de febreiro–, aprobado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas en 2015, pretende conseguir o acceso e participación plena e equitativa de mulleres e nenas no ámbito científico. É un día recordatorio que serve para lembrar que as mulleres temos un papel fundamental na ciencia e na tecnoloxía.
- 441 estudantes de 20 centros de ensino secundario de toda Galicia participaron os días 25, 26 e 27 de abril nas II Olimpíadas Teleco.
- As empresas patrocinadoras, das que forma parte a Cátedra Indra, axúdannos coa compra do material para os equipos que participan na competición e, a maiores, a Cátedra Indra da os catro premios na categoría de equipos da ESO.
- A cátedra colaborou na celebración da graduación do estudantado da XI promoción do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (GETT), da III promoción do Bachelor Degree in Telecommunication Technologies Engineering (BTTE), da IX promoción do Máster en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (MET) e máis das promocións I a IV do Máster Interuniversitario en Ciberseguridade (MUniCS).
- Neste evento, Indra participou no acto coa intervención de D. José Miguel Pascual Ruíz , Director CoC HW y R&T de Indra T&D, e tamén colaborou co patrocinio dun agasallo moi especial para o noso estudantado: unha sudadeira cun deseño creado polo debuxante Davila especialmente para o centro.
- Máis información sobre esta xornada de celebración na seguinte ligazón:
Durante o curso, o estudantado tivo a oportunidade de participar nas seguintes actividades do programa integraTE patrocinadas pola Cátedra Indra-UVigo en Enxeñaría e Tecnoloxía:
- Acto de Acollida, 9/9/24
- Xincana “Coñecendo a Escola e o Campus”, 9/9/24
- Obradoiro de xestión do tempo e técnicas de aprendizaxe, Impartido por: Artemio Mojón Ojea, Profesor Titular da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, 11/09/2024
- Charla “Café & Drons”, Impartida por: Felipe Gil Castiñeira, Catedrático da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, 9/10/24
- Charla “Café & Despregramentos de fibra”, Impartida por: Roberto Pérez, Socio consultor, e Tomás Prado, Xefe de proxecto, de Optare Solutions, 30/10/24
- Charla “Café & Sistemas antidron”, Impartida por: Jesús M. Costa, Technological Senior Expert de Indra, 27/11/24
Actividades 2023
No ano 2023, a cátedra Indra-UVigo promoveu e patrocinou as seguintes actividades:
- A Universidade de Vigo e a compañía Indra, empresa líder en España na industria das tecnoloxías da información e das comunicacións, puxeron en marcha o 28 de febreiro de 2023 a Cátedra Indra-UVigo en enxeñaría e tecnoloxía. Institucionalizouse así a colaboración entre a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (EET) e Indra, co obxectivo de fomentar a preparación do estudantado para o exercicio profesional en áreas operativas da empresa, relacionadas coa súa educación universitaria e as posibles saídas profesionais desde os estudos ofertados pola EET, promovendo en paralelo a formación continua, a innovación e a investigación.
- Grazas ao apoio da cátedra foron adquiridos parte dos kits de traballo para os equipos participantes. A cátedra tamén apoiou esta iniciativa patrocinando os tres premios da categoría de competición por equipos de ESO.
- Máis información sobre a xornada de competición na seguinte ligazón:
- E máis información sobre o resultado na seguinte ligazón:
- Impartición da charla “Excelencia empresarial a través del Doctorado Industrial” a cargo de Raquel González Ibáñez, na que se explicou a iniciativa de Indra para promover os estudos de doutoramento entre o seu persoal.
- A charla foi gravada e pódese acceder desde esta ligazón:
- A cátedra colaborou na celebración da graduación do estudantado da X promoción do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (GETT) / Bachelor Degree in Telecommunication Technologies Engineering (BTTE) e máis da VIII promoción do Máster en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (MET).
- Neste evento, Indra participou no acto coa intervención de D. José Ignacio Ulizar Álvarez , Director de Enxeñaría e Tecnoloxía de Indra T&D, e tamén colaborou co patrocinio dun agasallo moi especial para o noso estudantado: unha sudadeira cun deseño creado polo debuxante Davila especialmente para o centro.
- Máis información sobre esta xornada de celebración na seguinte ligazón:
Durante a primeira semana do curso, o estudantado tivo a oportunidade de participar nas tres primeiras actividades do programa integraTE patrocinadas pola Cátedra Indra-UVigo en Enxeñaría e Tecnoloxía.
A Cátedra Indra colabora na dotación de equipos informáticos para os laboratorios do centro
O pasado 19 de outubro, na Escola de Enxeñería de Telecomunicación (EET) tivo lugar unha conferencia excepcional por parte de Indra sobre tecnoloxía de vangarda no campo de sistemas Radar e Guerra Electrónica (EW).