Unha forma de establecer unha colaboración estratéxica, ampla, cualificada e estable coa contorna empresarial e as fundacións ou entidades son as Cátedras de Empresa, iniciativas que –máis aló do económico– permiten acadar mediante estratexias de docencia, formación e investigación planificadas conxuntamente, froitos que redundan directamente no beneficio de ambas as partes.

Deste xeito, dáse forma a un modelo de colaboración especialmente interesante para o futuro das entidades participantes. Neste modelo, a empresa ou entidade comprométese a unha aportación económica anual equivalente á retribución dun catedrático de universidade e a cátedra pode levar unha denominación de acordo cos seus fins. As actividades que se poden incluír no marco da cátedra son plurais e van desde a formación e intercambio de persoal e de experiencias ata a realización de proxectos de I+D.

Para o mellor funcionamento da cátedra, créase unha Comisión de Seguimento, integrada por representantes de ambas as dúas entidades, que se encarga de seleccionar as actividades, facer un seguimento delas e solventar calquera necesidade que poida xurdir.

Listaxe de cátedras

A Escola participa nas seguintes cátedras:

Data de constitución:
1 de febreiro de 2023

Dirección da cátedra:
Profesora Rebeca P. Díaz Redondo, Directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, en delegación do reitor da Universidade de Vigo

Comisión de seguemento:

  • Prof.  Fernando Martín Rodríguez
    (Coordinador do Mestrado Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación)
  • Prof. Pedro S. Rodríguez Hernández
    (Subdirector de Captación e Difusión da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación)
  • Prof. Enrique Costa Montenegro
    (Coordinador do Plan de Acción Titorial da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación)
  • Ruth del Carmen Escarda Iglesias (Indra)
  • Manuel Angel Otero Chantada (Indra)
  • Jesús Manuel Costa Pazo  (Indra)
  • Javier Piñeiro Rodríguez (Indra)
  • Jesús Ángel García Sánchez (Indra)

Actividades da cátedra

  • Colaboración e apoio no Plan de Difusión e Captación da EET para a realización de actividades de divulgación científica e tecnolóxica que redunden na visibilidade, a difusión, o coñecemento e a práctica dos estudos que se imparten na Escola, e con iso, fomentar as vocacións científicas e tecnolóxicas entre o alumnado máis novo.
  • A creación dun programa de captación de talento, que teña por finalidade a formación de excelencia de alumnado da EET.
  • O impulso de actividades que permitan a difusión da actividade docente e investigadora do persoal docente e investigador da EET.
  • A colaboración en actividades transversais á docencia, especialmente no ámbito do Plan de Acción Tutorial (orientaTE e mentoría MEET-Teleco)
  • Promover a posta en marcha de actividades formativas que teñan por obxecto a capacitación, especialización e actualización de competencias de membros da comunidade universitaria atendendo as necesidades competitivas da empresa.
  • Organizar xornadas, conferencias, seminarios ou foros, nos ámbitos de estudos propios da Cátedra.
  • Promoción en eventos científicos e tecnolóxicos relacionados con temas de interese no ámbito da Cátedra.
  • Realización conxunta de Proxectos e Programas de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.
  • Divulgación das actividades da Cátedra.

Data de constitución:
8 de xaneiro de 2026

Dirección da cátedra:
Profesora Verónica Santalla del Río, Subdirectora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, en delegación do reitor da Universidade de Vigo

Comisión de seguemento:

  • Prof.  Rebeca P. Díaz Redondo (Directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación)
  • Prof. José Fariña Rodríguez (Director da Escola de Enxeñaría Industrial)
  • Enrique Casarejos Ruiz (Subdirector da Escola de Enxeñaría Industrial)
  • Telmo Calle (BorgWarner)
  • Xoan Hermida (BorgWarner)
  • Andrea Fontán (BorgWarner)

Actividades da cátedra

  • A creación dun programa de captación de talento, que teña por finalidade a formación de excelencia de estudantado de enxeñería nas liñas de actividade de BorgWarner, en concreto na EET e a EEI. 
  • O impulso de actividades que permitan a difusión da actividade docente e investigadora do persoal docente e investigador da EET e a EEI. 
  • A colaboración en actividades transversais á docencia, especialmente no ámbito do Plan de Acción Titorial e do Plan de Mentorización da EET e a EEI, e actividades de asociacións estudantís aliñadas cos intereses da cátedra e dos dous centros. 
  • Promover a posta en marcha de actividades formativas que teñan por obxecto a capacitación, especialización e actualización de competencias de membros da comunidade universitaria atendendo ás necesidades competitivas dá empresa. 
  • Organizar xornadas, conferencias, seminarios ou foros, nos ámbitos de estudos propios da Cátedra.

Data de constitución
18/12/2018

Directora da cátedra
Profesora Ana Fernández Vilas, en delegación do reitor da Universidade de Vigo

Actividades da cátedra
Supón a colaboración estable entre a Universidade de Vigo e R para promover o desenvolvemento das competencias profesionais do alumnado universitario, mellorar a capacitación, ampliar ou actualizar os  coñecementos, técnicas ou habilidades da comunidade universitaria ou doutras persoas profesionais co obxectivo de adaptalas ás necesidades da empresa, fomentar a súa formación continua, a innovación e a investigación na área da ciberseguridade. Ao abeiro deste obxectivo xenérico, as liñas estratéxicas de actuación da Cátedra R en Ciberseguridade son:  

  1. A colaboración na docencia e na investigación, especialmente no Mestrado lnteruniversitario (UVigo-UDC) en Ciberseguridade (munics.es).
  2. A creación dun programa de captación de talento, que teña por finalidade a consecución da excelencia académica nas universidades de Vigo e da Coruña. 
  3. O impulso de actividades que permitan crear espazos de debate e difusión da actividade docente e investigadora do ámbito da ciberseguridade.
  4. A promoción de actuacións que estimulen a capacitación, especialización e actualización das competencias da comunidade universitaria e profesionais alleos á mesma, atendendo ás necesidades competitivas da empresa.

Data de constitución
1 de setembro de 2024

Dirección da cátedra
Profesor Óscar Rubiños López e profesora Ana Vázquez Alejos, da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, en delegación do Reitor da Universidade de Vigo

Comisión de seguimento

  • Óscar Rubiños López (Profesor EET)
  • Ana Vázquez Alejos (Profesora EET)
  • 2 membros de Oesía

Actividades da cátedra
A Cátedra Oesía ten como obxectivo fortalecer a colaboración entre a Universidade de Vigo e o Grupo Oesía a través de actividades formativas, de divulgación e de fomento da I+D+i no ámbito das tecnoloxías de comunicación. As actividades desenvolvidas no marco da Cátedra buscan impulsar a innovación tecnolóxica e a excelencia académica dos estudantes e investigadores da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.  

Actividades formativas

  • Organización de seminarios e conferencias sobre tecnoloxías de comunicación avanzadas.
  • Inclusión de proxectos específicos na materia “Laboratorio de Proxectos” de 4º curso do Grao en Enxeñaría de Telecomunicación.
  • Promoción de traballos fin de grao e mestrado con compoñentes de investigación aplicada.
  • Patrocinio de bolsas e premios para proxectos fin de grao, mestrado e tese doutoral en temáticas relacionadas coa cátedra.
  • Desenvolvemento de actividades complementarias como competicións tecnolóxicas e retos académicos para fomentar a innovación entre o alumnado.
  • Concurrencia á convocatoria de Doctorado Industrial.
  • Equipación dun laboratorio de excelencia para docencia de tecnoloxías radio avanzadas.

Data de constitución
26 de abril de 2023

Dirección da cátedra
Dr. D. Francisco Javier Diaz Otero – Director Qophi Lab UVigo

Comisión de seguimento

  • D Guillem Bayo – Director de Laboratorio Monodón Navantia-
  • D Luis Galo Barahona Arroyo – Responsable de Proyectos Monodon Navantia-
  • Profesor D. Francisco Javier Fraile Pelaez – Catedratico UVigo
  • Profesor D. Carlos Mosquera Nartallo – Catedratico UVigo

Actividades da cátedra

A Cátedra Navantia Monodon, cunha duración de 4 anos (45.000 € anuais), reforza o posicionamento da empresa en investigación orientada á transferencia tecnolóxica e científica, promovendo actividades de innovación deep tech, así como incrementando os seus esforzos de colaboración en proxectos de alta tecnoloxía no ámbito da fotónica, avanzando cara a tecnoloxías disruptivas. Para este fin, a Universidade de Vigo, a través do seu Qophi Lab, fortalece as relacións coa industria naval, beneficiando ao estudantado, impulsando os estudos de posgrao e facilitando novas actividades de I+D+i.

O interese mutuo por incrementar a investigación e o coñecemento nos sistemas de comunicacións, especificamente nas comunicacións ópticas, así como nos seus sistemas e dispositivos, leva a ambas institucións a establecer unha colaboración para difundir o coñecemento en fotónica, nanotecnoloxía, física cuántica, metamateriais ou sistemas espaciais, mediante accións formativas e de innovación en deep tech.

Actividades como a organización de congresos, seminarios ou encontros similares dirixidos a especialistas do ámbito marítimo, naval ou oceánico, así como a formación práctica para o estudantado da UVigo orientada á participación en proxectos internacionais específicos, prototipado, concursos, etc., permiten recoñecer os mellores traballos, incluíndo propostas de excelencia con bolsas. Todas estas actividades consolidarán os esforzos de ambas institucións, conciliando os seus intereses e obxectivos comúns e reforzando as oportunidades de investigación e rexistro de patentes.

Actividades formativas

  • Colaboración na formación práctica dos alumnos da Universidade de Vigo.
  • Dotación de premios aos alumnos que destacasen en actividades específicas.
  • Axuda para a presentación de proxectos en concursos de ideas, prototipos e similares de carácter internacional.
  • Titorías que poderán levar asociada unha bolsa para a realización de Proxectos Fin de Carrera, Traballos Final de Grao e de Final de Mestrado, Teses Doutorais e outros proxectos específicos de especial interese.
  • Desenvolvemento de Conferencias e Seminarios por parte de especialistas dos sectores naval, marítimo e oceánico.
  • O apoio á preparación de propostas e o fomento á realización de actividades de Innovación de I+D+i en tecnoloxías de aplicación á enxeñería e á construción naval e aos seus sistemas asociados.

Ano de constitución
2019 (vixencia 2 anos)

Directora da cátedra
Profesora Carmen García Mateo, en delegación do reitor da Universidade de Vigo

Actividades da cátedra
Supón a colaboración estable entre a Universidade de Vigo e MN PROGRAM co fin de promover o desenvolvemento das competencias profesionais do estudantado universitario, mellorar a capacitación, ampliar ou actualizar os coñecementos, técnicas ou habilidades dos membros da comunidade universitaria ou outros profesionais para adaptalos ás necesidades da empresa, fomentar a formación continua, a innovación e a investigación nas seguintes áreas:

  • Automatización robótica de procesos
  • Identificación biométrica
  • Enxeñaría lingüística e interfaces de voz
  • Técnicas avanzadas de intelixencia artificial
  • Xestión avanzada e masiva de datos / Big Data

Data de constitución
21/12/2016 (vixencia 4 anos) 

Director da cátedra
Profesor Iñigo Cuiñas Gómez, en delegación do reitor da Universidade de Vigo

Actividades da cátedra
Supón a colaboración estable entre a Universidade de Vigo e Deloitte Advisory na creación dun Programa de captación de talento, que teña por finalidade a formación do estudantado da Universidade de Vigo cun bo expediente académico, con capacidade de innovación e que acredite un bo nivel do idioma inglés. Promoverase a posta en marcha de actividades formativas que teñan como obxectivo a capacitación, especialización e actualización das competencias de membros da comunidade universitaria e de profesionais alleos que atendan as necesidades competitivas da empresa. Impulsarase un sistema de bolsas en prácticas por períodos máximos de 6 meses para o estudantado ou titulados recentes da Universidade de Vigo, previa selección a través dun proceso regrado. Organizaranse congresos, xornadas, conferencias, seminarios ou foros, nos ámbitos de estudos propios da cátedra. Promoverase a publicación dos estudos ou traballos científicos ou de divulgación, referidos aos ámbitos de estudos propios da cátedra.

Propoñer unha cátedra

Se a túa entidade está interesada en definir unha cátedra
coa Escola de Enxeñaría de Telecomunicación,
por favor, contacta coa Dirección do centro