Na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación promovemos o principio de igualdade efectiva entre os homes e as mulleres en todos os ámbitos e actividades que desenvolve o centro.
A Universidade de Vigo está comprometida coa prevención, detección e actuación #ante o acoso sexual e por razón de sexo. Podes atopar máis información sobre isto aquí, e os protocolos da Universidade aquí.
No noso centro temos desde febreiro de 2022 o I Plan de Acción en Igualdade da EET, que nace co propósito de contribuír á consecución dos obxectivos do III Plan de Igualdade da Universidade de Vigo na nosa escola.
Eventos e actividades
Para fomentar o interese das estudantes pola Enxeñaría de Telecomunicación e dar a coñecer a nosa Escola, temos varias iniciativas que mantemos durante todo o ano:
Charla: "Unha mirada cara á diversidade: que podo achegar como docente universitario?"
12 de Novembro de 2024, de 13:30 a 15:30
Sala 1 do Edificio Miralles
Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia – “Elas Fan CienTec”
Este día internacional –11 de febreiro–, aprobado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas en 2015, pretende conseguir o acceso e participación plena e equitativa de mulleres e nenas no ámbito científico. É un día recordatorio que serve para lembrar que as mulleres temos un papel fundamental na ciencia e na tecnoloxía.
Día Internacional da Muller e da Nena nas TIC – “Elas Fan TIC”
Día que se celebra o 4º xoves do mes de abril e que foi establecido no ano 2010 pola Unión Internacional de Telecomunicaciones (UIT), o organismo das Naciones Unidas especializado nas telecomunicacións. O seu obxectivo é fomentar as vocacións tecnolóxicas nas nenas e mozas, así como reducir a fenda dixital de xénero.
Testemuñas de mulleres “Teleco”.
Recollemos testemuñas de antigas estudantes da EET que están traballando en diferentes ámbitos (investigación, empresa, xestión) e tamén en diferentes sectores (intelixencia artificial, computación, electrónica, radio, videoxogos, realidade aumentada, IoT etc.). Tamén participan nesta iniciativa mulleres que están agora mesmo estudando no noso centro.
Podes ver algún exemplos na nosa canle de YouTube:
Charlas de divulgación científica e do rol da muller na Enxeñaría de Telecomunicación
As mulleres docentes e investigadoras da Escola participamos na divulgación da tecnoloxía relacionada coas telecomunicacións e, con isto, tamén axudamos a facer visible o rol das mulleres no noso sector.
Nos últimos anos, falamos dos seguintes temas:
- Investigación con nesgo de xénero: o impacto dunha Intelixencia Artifical “desenfocada”
- Gústame facer cousas que funcionen, e a ti?
- A muller na enxeñaría
- Rapazas nas TIC
- Ciencia e tecnoloxía feita por mulleres: exemplos cercanos
- A muller na Enxeñaría de Telecomunicación: pasado e presente.
Adicionalmente, temos un calendario de actividades coincidindo con efemérides relevantes para as mulleres e as nenas:
Enlace de Igualdade
Para garantir o principio de forma efectiva, dispoñemos dunha persoa responsable que actúa como ligazón entre a Escola e a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.
Soledad Torres Guijarro
Teléfono: 986818674
Despacho: A-403, EET