Elas Fan TIC 2026 na EET para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena nas TICs

Abrir

Para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena nas TICs, a Escola organiza a Xornada ‘Elas Fan TIC’ o vindeiro venres 6 de marzo de 2026. O obxectivo é darlle visibilidade ás carreiras tecnolóxicas e de enxeñaría para que o estudantado máis novo as poida valorar como unha opción de futuro.

A xornada, na que van participar 45 rapazas e rapaces de 5º e 6º de primaria, dos colexios CEIP Plurilingüe Sobreira-ValadaresCEIP Fonte Escura, consistirá nun obradoiro de programación e robótica dirixido por alumnas da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, e terá o seguinte programa:

De 09:30 a 09:45 – Benvida (nas bancadas da Escola)
De 09:45 a 11:00 – Primeiro taller: un grupo irá ao taller de CuteBot (Sala de Xuntas ) e outro ao de Códigos (laboratorio AS03)
De 11:00 a 11:30 – Descanso (xantar nas bancadas)
De 11:30 a 12:45 – Segundo taller: os grupos intercambian talleres
De 12:45 a 13:15 – Charla participativa na Sala de Xuntas
De 13:15 a 13:30 – foto nas gradas e despedida

Esta xornada está patrocinada pola Cátedra Indra-UVigo en enxeñaría e tecnoloxía.