É unha experiencia de aprendizaxe para desenvolver e recoñecer o talento innovador dos estudantes universitarios. É unha iniciativa onde xoves de diferentes disciplinas traballan en equipo para crear solucións a retos de innovación.
Na primeira edición participaron 160 estudantes de 18 universidades de todo España que formaron 23 equipos multidisciplinares dedicados a buscar solucións innovadoras. Un equipo de cinco estudantes da Escola participou pola Universidade de Vigo e presentou unha proposta baseada no uso da realidade virtual como ferramenta educativa, sendo un dos 3 finalistas que puido facer a explicación do seu proxecto na sede de Vodafone en Madrid.
Na edición de 2020, un novo equipo da Universidade de Vigo formado principalmente por estudantes da escola tamén logrou chegar á final, quedando entre os 3 mellores 26 equipos das universidades españolas. A súa proposta Optemis consistía nunha aplicación móbil dirixida a axudar ás persoas con discapacidade visual nos aeroportos. Baseouse no uso de tecnoloxías de xeolocalización en interiores e no procesamento de imaxes. Nesta ocasión, debido a COVID19, a final tivo que celebrarse por videoconferencia.