GreenIT for the benefit of civil society foi o nome completo do proxecto financiado pola Unión Europea, baixo a convocatoria Erasmus Mundus and External Cooperation, action 2, promovida pola EACEA (Education, Audiovisual and Culture Executive Agency).
Rebeca P. Díaz Redondo coordinou o proxecto, sendo o primeiro desta convocatoria que se desenvolvía coa coordinación desde a Universidade de Vigo. Tivo un orzamento de máis de catro millóns de euros, un consorcio de 20 universidades (10 europeas e 10 norte-africanas) e unha duración de catro anos. O proxecto centrouse nos eidos científico e tecnolóxico, na procura dun desenvolvemento social sostible. Os traballos xeraron a mobilidade de 185 persoas (estudantes, docentes e investigadoras) entre as entidades do consorcio.
O gran obxectivo deste proxecto é favorecer o desenvolvemento económico e social de terceiros países a través da cooperación na educación superior e o I+D+i, impulsando a excelencia nas institucións académicas do norte de África e contribuíndo á mellor gobernabilidade destes países así como á súa cohesión social.