O 1 de setembro de 2009 comezou o seu mandato tras ser nomeado por un Padroado con representación do Ministerio de Defensa, da Armada e da Universidade de Vigo. Rematou o seu cargo de dirección o 13 de xullo de 2020.
O CUD-ENM é un centro universitario público, con titularidade do Ministerio de Defensa e adscrito á Universidade de Vigo. A súa principal misión é participar na formación integral dos futuros oficiais da Armada. En particular, é o responsable de impartir o título que recibe o estudantado (Grao en Enxeñaría Mecánica), mentres que a Escola Naval Militar proporciona o adestramento militar específico.
O título de grao impartido polo CUD-ENM renovou a acreditación en 2016 e obtivo o selo internacional de calidade EUR-ACE en 2020. Así mesmo, o centro ten un acordo coa Comisión Fulbright que permite a un profesor ou profesora estadounidense visitar o centro cada ano. Tamén, e dende o curso 2019-2020, o CUD-ENM imparte o Máster Universitario en Xestión TIC para a Defensa.
Ligazóns a informacións nos medios:
La Voz de Galicia: El ex director de Telecomunicaciones, Xosé María Pousada, dirigirá el Centro Universitario de Defensa
Faro de Vigo: El ex director de Teleco será el responsable del centro universitario de la Escuela Naval