rurAllure (2021-2024), está liderado pola Universidade de Vigo baixo a coordinación do profesor da nosa Escola, Martín López Nores. Conta coa colaboración de 15 socios de 6 países europeos. Foi o primeiro proxecto da convocatoria europea H2020 en ser liderado dende a EET.
Destaca o carácter multidisciplinar da I+D realizada na Escola, poñendo os avances en servizos de información, tecnoloxías de personalización e planificación intelixente ao servizo da promoción do patrimonio cultural que rodea a rutas de peregrinación de Europa. A plataforma tecnolóxica do proxecto proponse como unha ferramenta para facer achegas nos eidos do turismo, a cultura e o desenvolvemento rural, mobilizando a todos os axentes relevantes, dende pequenos negocios de aloxamento e restauración ata empresas turísticas e representantes das industrias creativas e culturais, sen esquecer institucións públicas dende o nivel municipal ata o europeo.
Fotografías de reunións de rurAllure (facer clic para ampliar):