A realización de prácticas en empresas permite ao estudantado achegarse ao tecido empresarial e poñer en práctica os coñecementos adquiridos durante estudos. Na Escola temos asinados convenios de prácticas con máis de 170 empresas.
Todas as titulacións de grao e mestrado da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación teñen prácticas contempladas no currículo, é dicir, son unha materia que forma parte do plan de estudos (prácticas curriculares).
- No Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación – GETT
Son prácticas optativas. Pódense facer ata 12 ECTS (6 ECTS + 6 ECTS) como máximo. - No Mestrado en Enxeñaría de Telecomunicación – MET
Son prácticas optativas. Pódense facer ata 15 ECTS (5 ECTS + 5 ECTS + 5 ECTS) como máximo. - No Mestrado en Ciberseguridade – MuniCS
Son prácticas obrigatorias que supoñen un total de 15 ECTS. - No Mestrado Mestrado en Matemática Industrial (M2i)
Son prácticas optativas. Pódense facer ata 3 ECTS como máximo. - No Mestrado Internacional en Visión por Computador (imcv)
Son prácticas obrigatorias que supoñen un total de 3 ECTS.
As titulacións da EET teñen unha alta empregabilidade e, por tanto, as empresas fan unha ampla oferta para a realización de prácticas, a maior parte delas son remuneradas e con diferentes condicións. Toda a información detallada no seguinte botón
Estes listados son dinámicos e crecen tamén coa túa participación: se coñeces algunha empresa/institución na que queiras facer as túas prácticas, contacta coa Coordinación de Prácticas do noso centro en teleco.practicas@uvigo.es.
Tamén existe a posibilidade de facer prácticas extra-curriculares*, realizadas de xeito voluntario, que non forman parte do plan de estudos que se estea a cursar, aínda que figurarán no expediente académico. Estas prácticas deben ser remuneradas se superan as 240 horas, non poden superar os 6 meses e son xestionadas directamente pola Fundación Universidade de Vigo (FUVI).
* É habitual realizar prácticas extra-curriculares que, despóis, son recoñecidas como curriculares, cos condicionantes establecidos na propia normativa da Universidade de Vigo e máis na normativa da EET.