Estas son as actividades realizadas ao amparo da rede conexiónTeleco neste ano 2025:

  • Ciclo de charlas “Café & …”

    Pertencentes ao programa integraTE, este ciclo de charlas de divulgación científica sobre tecnoloxías de telecomunicación mostran aos nosos estudantes os contidos que verán no Grao/Mestrado ou nos que poderán traballar no futuro. Todo isto nun ambiente relaxado e con café ao rematar.

    Estas charlas están pensadas para tódolos estudantes de primeiro curso, pero están abertas a aqueles doutros cursos que queiran vir.

    Estas son as charlas que tivemos:
    • Charla “Café e Novas tecnoloxías en satélites de comunicación”, Impartida por: Miguel Ángel Piqueras Ruipérez, CTO de Fotónica e Espazo no Grupo Oesía, 05-02-2025.
  • Charlas de divulgación científica e tecnolóxica

    Desde a EET, ofértase un conxunto de charlas de divulgación científica e tecnolóxica a centros educativos preuniversitarios (primaria, ESO, bacharelato e FP), impartidas polas entidades que participan en ConexiónTeleco.

    Con estas charlas preténdese explicar de forma sinxela conceptos científicos e tecnolóxicos, fomentando o interese polas competencias STEM.

    Podes atopar máis información nesta ficha de presentación:
  • Ela fan TIC

    Día que se celebra o 4º xoves do mes de abril e que foi establecido no ano 2010 pola Unión Internacional de Telecomunicaciones (UIT), o organismo das Naciones Unidas especializado nas telecomunicacións. O seu obxectivo é fomentar as vocacións tecnolóxicas nas nenas e mozas, así como reducir a fenda dixital de xénero.  

    Actividade patrocinada pola Cátedra Indra.

    Podes atopar máis información nesta ligazón:
  • Elas Fan CienTec

    Este día internacional –11 de febrero–, aprobado por la Asamblea General das Naciones Unidas en 2015, pretende conseguir el acceso y participación pleno y equitativo de mujeres y niñas en el ámbito científico. Es un día recordatorio del importante papel que tenemos las mujeres en la ciencia y en la tecnología..

    Actividade patrocinada pola Cátedra Indra.

    Podes atopar máis información nesta ligazón:
  • Premios ao alumnado de novo ingreso no GETT cos mellores expedientes de entrada no curso 2024/2025

    BorgWarner, Technica Engineering e a Cátedra R en Ciberseguridade patrocinaron a terceira edición destes galardóns.

    Podes atopar máis información nesta ligazón:
  • III Olimpíadas de Teleco

    265 estudantes de 23 centros de ensino secundario de toda Galicia participarán o día 24 de abril nas III Olimpíadas de Teleco.

    As empresas de conexiónTeleco patrocinadoras (Cátedra Indra, Televés, BorgWarner e Oesía) axúdannos coa compra do material para os equipos que participan na competición e, a maiores, dan os premios da fase galega.

    Máis información na seguinte ligazón: