Programa de orientación (académica e profesional) para o estudantado de grao e máster durante a súa estancia na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.

orientaTE

Que é orientaTE?

orientaTE é un conxunto de oportunidades que se ofertan para o estudantado das diferentes titulacións da Escola para complementar a formación regulada con coñecementos e ferramentas cara o seu exercicio profesional:

Formación transversal e complementaria

A través dun conxunto de obradoiros, hackatóns, capture-the-flag, cursos ou visitas que engaden coñecementos aos adquiridos nas materias de Grao e Máster.

Orientación cara ao mercado laboral

Charlas impartidas por profesionais en exercicio, moitos deles titulados na Escola en promocións anteriores, que comparten as súas carreiras profesionais e as súas impresións sobre o mercado laboral.

Mentorización cara aos primeiros pasos profesionais

Profesionais senior que, coa súa experiencia, fan funcións de mentor/a profesional na adaptación á vida laboral das persoas que rematan a súa etapa formativa 

En que consiste?

orientaTE é a parte do Programa de Acción Titorial (PAT-ANEAE) enfocada ao estudantado que xa está asentado na Escola e que ten interese en ir máis aló, buscando orientación na súa formación técnica e transversal (soft skills), no seu coñecemento da profesión, ou nos pasos para deseñar unha carreira laboral e/ou académica.

Calendario

Ao comezo de cada curso, poderaste anotar no programa orientaTE a través de Moovi.

As diferentes actividades irán anunciándose ao longo do curso académico tanto a través de Moovi, como a través desta páxina web:

  • Bootcamp “Desenrolo Full Stack para enxeñeiros” de Campus Dual TIC
    • Remata o 14/09/2023
  • Curso de Blockchain dentro do congreso BlockGalicia
    • 28/09/2023
  • Charla “Sistemas Radar e EW (Electronic Warfare) en Indra, tecnoloxías de radiofrecuencia, procesamento dixital e deseño de PCB”
    • 19/10/2023
  • Obradoiro “Think Six Tour – 6G Channel Sounding”, Rhode-Schwarz
    • 6/11/2023
  • … a listaxe vaise actualizando con novas actividades

Teño moi pouco tempo, a que me comprometo?

Anotándote ao programa orientaTE tes a oportunidade de que a túa participación nas diferentes propostas que o conforman che reporte un recoñecemento en forma de acreditación da actividade e, nalgúns casos, como horas ECTS que se incorporarán no teu expediente.

Soa ben, é para min?

Se estás estudando calquera titulación da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, é para ti.

Eu non acabo de telo claro, hai máis información?

Se desexas máis información sobre o programa en xeral ou sobre calquera dos seus aspectos, podes ver este documento e/ou dirixirte á Coordinación do Plan de Acción Titorial da Escola (teleco.pat@uvigo.es), para facer preguntas por correo electrónico ou para concretar unha xuntanza presencial ou virtual na que tentaremos clarexar todas as túas dúbidas.