O plan orientaTE pretende establecer unha estratexia única de mellora da orientación do estudantado da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación tanto nos pasos a dar na súa traxectoria académica como na posterior inserción no mundo laboral.
Facendo clic no seguinte botón podes atopar a descrición detallada do programa orientaTE
Na planificación de orientaTE inclúense, polo tanto, actividades formativas complementarias como poden ser:
- Visitas a institucións e empresas que teñan interese formativo
- Charlas de persoas expertas do mundo profesional sobre aspectos técnicos e/ou relevantes para a formación transversal do estudantado (soft-skills)
- Obradoiros sobre temas específicos impartidos por especialistas
- Retos coma Hackatóns ou Capture the flag
- … e outras iniciativas similares
Se unha empresa ou institución está interesada en colaborar coa EET ofertando actividades nas liñas previamente mencionadas, o camiño adecuado é contactar coa Coordinación do Plan de Acción Titorial no correo electrónico teleco.pat@uvigo.es.