Gradiant foi promovido por Fernando Pérez González, Carlos Mosquera Nartallo e Javier González Castaño, docentes da EET no ano 2003. Tras unha análise de viabilidade para a Dirección Xeral de I+D da Xunta de Galicia, o centro constituiríase finalmente o 13 de decembro de 2007.
Nos seus primeiros anos, Gradiant tiña a sede na Escola. O Comité de Dirección inicial estaba formado por Luís Álvarez Sestelo –xerente–, Javier González Castaño –director da área de Redes e Aplicacións–, Carlos Mosquera –director da área de Comunicacións– e Fernando Pérez González –director xeral–. En 2010 Gradiant múdase ao Citexvi (Cidade Tecnolóxica de Vigo), onde permaneceu ata setembro de 2021.


