O catedrático de universidade José J. Pazos Arias ingresa na Real Academia Galega de Ciencias, na que ingresara dous anos atrás Fernando Pérez González.
Segundo as súas palabras, “Persoalmente, síntome moi honrado de que unha institución do prestixio da RAGC recoñecese a miña traxectoria académica e investigadora no ámbito das TICs, nomeándome Académico Numerario da Sección de Ciencias Técnicas. Enténdoo tamén como un recoñecemento cara a todas as persoas coas que traballei ao longo de toda a miña vida académica e cara ao bo facer da EE de Telecomunicación da Universidade de Vigo nas súas actividades de investigación e transferencia. Pertencer á Academia abre para min unha posibilidade de contribuír á promoción da ciencia e a tecnoloxía, a través da difusión da cultura e dos valores científicos, como a mellor forma de potenciar o desenvolvemento social e económico de Galicia.”
- Máis imaxes na web da RAGC
- Nova no Faro de Vigo: “El catedrático vigués José Juan Pazos Arias ingresa en la Academia de Ciencias”
- Nova en La Voz de Galicia: “Novo académico de Ciencias“
- Nova en El Correo Gallego: “El ingeniero José Juan Pazos se incorpora a la RAGC“