Edita de Lorenzo Rodríguez foi elixida directora da EET converténdose na primeira muller en dirixir unha escola de enxeñaría en Galicia e tamén a primeira persoa egresada da EET en dirixir o noso centro, xa que os anteriores directores estudiaron na Universidad Politécnica de Madrid.
Edita dirixiu o centro ata o 4 de marzo de 2005, despois de ser elixida para unha segunda lexislatura o 1 de marzo de 2012.
Baixo a súa dirección, fíxose a reforma de estudos promovida para á adaptación das titulacións do centro ao novo marco do Espazo Europeo de Educación Superior e conseguiuse a certificación do sistema de garantía de calidade.Tamén, baixo a súa dirección, o centro cambiou de nome, pasando a denominarse Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.
Unha imaxe do equipo que acompañou a Edita de Lorenzo na dirección da Escola e uns recortes de prensa aos que se pode acceder facendo clic na imaxe.