Esta edición, organizada por primeira vez polo Departamento de Enxeñaría Telemática da EET, serviu para a posta en común das últimas novidades nesta área de coñecemento. As xornadas foron coordinadas polos docentes da EET: José Juan Pazos Arias, Manuel Ramos Cabrer, Luís Anido Rifón, Manuel Fernández Veiga e Francisco Javier González Castaño. Nelas abordáronse aspectos como a protección de datos na internet, avances en televisión dixital e no campo de sistemas de redes, e fomentouse o debate sobre métodos docentes neste ámbito.
Con máis de 120 persoas rexistradas, organizáronse conferencias, demostracións e mesas redondas, contando tamén coa participación de empresas do sector, coma Alcatel, Teldat ou Comunital. O programa completouse coas xornadas de seguimento do Plan Nacional de I+D, onde varios investigadores financiados polo Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía defenderon a validez dos seus proxectos ante unha comisión de expertos.
Facendo clic nas imaxes abren o tríptico das xornadas e máis unha información en Faro de Vigo, ambas en PDF.