A Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos da Universidade de Vigo para titulacións adaptadas ao espazo Europeo de Educación Superior (EEES) foi aprobada na reunión do Consello de Goberno do 21 de marzo de 2018.
Experiencia laboral ou profesional
Na titulación de Máster en Enxeñería de Telecomunicación, recoñécense créditos optativos por experiencia laboral ou profesional, ata un máximo de 15 ECTS, e en módulos de 5 ECTS. Como criterio xeral, o recoñecemento de créditos farase en función da experiencia profesional en empresas, institucións ou actividades do ámbito da Enxeñería de Telecomunicación, desenvolta tras a obtención dalgunha das titulacións que dan acceso ao máster, a razón de 5 ECTS por ano de experiencia profesional, ata un máximo de 15 ECTS.
Ensinos superiores non universitarios
Anualmente aprobase unha táboa de recoñecemento de créditos para alumnos que os cursaran en ensinos superiores non universitarias, coa limitación de que non fosen usados previamente para o recoñecemento de créditos na titulación de Grao que dá acceso ao máster. A suma dos créditos recoñecidos por ensinos superiores non universitarias máis os recoñecidos por experiencia laboral ou profesional non poderá superar os 15 ECTS, en módulos de 5 ECTS.
Títulos propios
De cara ao recoñecemento de créditos cursados en títulos propios, só se considerarán os cursados naquelas titulacións de máster adaptadas ao EEES impartidas na propia Escola de Enxeñería de Telecomunicación. Ante a solicitude individual de cada alumno, a Comisión Académica de Máster estudará caso por caso as competencias e contidos formativos das materias obxecto de recoñecemento e decidirá a conveniencia do recoñecemento solicitado. Manterase unha táboa de equivalencias para as materias recoñecidas.
O órgano no que reside a decisión destes recoñecementos é a Comisión Académica do Máster. Segundo o establecido no Real Decreto 1393/2007, modificado polo Real Decreto 861/2010 non poderán ser obxecto de recoñecemento os créditos correspondentes ao Traballo Fin de Máster.
Ao tratarse dunha titulación que habilita para exercer unha profesión regulada, a maioría das competencias do título correspóndense coas publicadas no BOE na definición da propia titulación. Isto permite establecer unha convalidación directa das competencias alcanzadas noutras titulacións da propia ou doutras Universidades.
Algunhas normativas de interese:
- 13/06/2017 (Resolución reitoral): Procedemeento de transferencia e recoñecemento de créditos para másteres universitarios oficiais (anexo VIII á convocatoria de matrícula en estudios de máster 2017/18)
- 29/11/2017 (CAM): Procedemento de Recoñecemento de Créditos por Experiencia Laboral ou Profesional.