Este máster outorga todas as atribucións para exercer unha profesión –enxeñeiro e enxeñeira de telecomunicación– que, segundo a enquisa de inserción laboral de titulados universitarios do INE do 2020, ten 93,6 % de taxa de empregabilidade, cifra á que se chega grazas a que as tecnoloxías de telecomunicación son fundamentais para o funcionamento de calquera negocio, empresa ou institución.

O MET ten como obxectivo formar profesionais á vangarda dos coñecementos tecnolóxicos e competencias profesionais que sustentan a sociedade interconectada e dixitalizada, como as tecnoloxías telemáticas, os sistemas electrónicos, o procesamento de son e imaxe e os sistemas de telecomunicación. A formación ofertada neste mestrado profundiza nos conceptos tratados na titulación Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación, ofrecendo unha formación sólida e versátil que dota ás persoas egresadas dunha elevada capacidade de adaptación a un sector en continua evolución.

O MET habilita para o exercicio da profesión regulada de Enxeñería de Telecomunicación. Estas profesións son aquelas nas que, para o seu exercicio, hai que cumprir unha condición especial que, xeralmente, é estar en posesión dun determinado título académico. A nosa profesión ten competencias legais específicas e conta cun Colexio Profesional.

As novas aplicacións tecnolóxicas como as Smart Cities, IoT (Internet of Things), a industria 4.0, a análise de datos e Big Data ou a intelixencia artificial (AI) permite aplicar as teconoloxías e servizos de tecomunicación de forma transversal en todos os campos e áreas do mundo comercial e empresarial, así coma na administración pública.

O Mestrado en Enxeñaría de Telecomunicación forma a unha persoa profesional, esperta no deseño, análise, implementación, explotación e a xestión de compoñentes e procesos no ámbito das TIC. Ademáis da formación tecnolóxica, este programa tamén forma ao estudantado na xestión de proxectos e outras competencias transversais. Dentro destas últimas destaca o uso do inglés como idioma de traballo en equipos multidisciplinares, dado que entre un 25% e un 50% da docencia e traballos en grupo fanse neste idioma.

Polo tanto, as persoas tituladas con este mestrado gozan de alta demanda no mundo empresarial e son recoñecidas internacionalmente. Os egresados e egresadas gozan de alta inserción laboral, con alta dedicación a labores técnicas axustadas á súa formación. 

Entre as características propias da titulación, contamos con:

  • un programa de orientación ao emprego (orientaTE) que facilita o acceso ao mercado laboral nunha titulación na que o paro é testemuñal;
  • múltiples actividades que permiten ao estudantado desenvolver habilidades sociais á par que asentan os coñecementos técnicos.

Este mestrado habilita para o exercicio da profesión de Enxeñeiro e Enxeñeira de Telecomunicación (de acordo coa Orde  CIN/355/2009) e é a continuación natural para os Enxeñeiros/as técnicos de Telecomunicación e para os estudantes dos graos que capacitan para exercer esta profesión. O máster diríxese aos perfís seguintes:

  • Graduados e Graduadas da área de Enxeñaría e Arquitectura, especialmente nos ámbitos que habilitan para a profesión de enxeñeiro e enxeñeira técnicos de Telecomunicación.
  • Enxeñeiros e enxeñeiras técnicos de telecomunicación en calquera das súas especialidades (Sistemas de telecomunicación, Telemática, Sistemas electrónicos ou Son e imaxe).
  • Outros graduados das áreas de Enxeñería e Arquitectura, como Graduados en electrónica industrial e automática, Graduados en enxeñaría informática, etc.

Dende o punto de vista das habilidades e aptitudes persoais, o estudantado debe ter:

  • Capacidade de estudo e vontade de traballo.
  • Capacidade de abstracción.
  • Capacidade de síntese e análise.
  • Capacidade de innovar e capacidade creativa.
  • Capacidade de relación e comunicación.
  • Habilidades sociais básicas para o traballo en equipo
  • Curiosidade e mentalidade aberta.
  • Facilidade para adaptarse aos cambios tecnolóxicos.
  • Interese polas novas tecnoloxías da información.

O mestrado de Enxeñaría de Telecomunicación capacita para o exercicio da profesión de Enxeñeiro e enxeñeira de telecomunicación, que actualmente ten cotas de plena ocupación, sendo o perfil das persoas profesionais uns dos máis demandados no ámbito tecnolóxico e con máis  perspectivas de futuro.

Os egresados e egresadas son quen de analizar, deseñar, implementar, explotar e xestionar sistemas, redes, servizos, equipos, compoñentes ou procesos dentro do ámbito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC). Desenvolverán cargos técnicos e directivos en empresas do ámbito da electrónica e as telecomunicacións:

  • Operadoras de telecomunicación (radio, televisión, telefonía, internet etc.)
  • Empresas de desenvolvemento de equipos e tecnoloxía de telecomunicacións.
  • Empresas do sector da enxeñaría electrónica.
  • Empresas do sector da enxeñaría de comunicación de datos.
  • Empresas do sector da enxeñaría audiovisual.
  • Deseño de redes de comunicación.
  • Consultoría de empresas de TIC.
  • Deseño de aplicacións de software e multimedia.
  • Empresas de sectores afíns:
    • Enerxía.
    • Saúde.
    • Seguridade e defensa.
    • Automoción.
    • Transporte terrestre, aeroespacial e marítimo.
    • Banca e sector financeiro.
    • Automática e Robótica.
    • Cidades intelixentes.
    • IoT (Internet das Cousas / Internet of Things).
    • Domótica e  inmótica.
    • Cadea de bloques (blockchain).
    • Industria 4.0.
    • Macrodatos (big data).
    • Bioenxeñería.
    • Aplicacions espaciais e satélites.
    • Exercicio libre da profesión (proxectos,  peritacións, instalacións etc.)

Cabe lembrar que os sistemas de información están presentes en TODAS as áreas de actividade.

Impártense as catro especialidades profesionais que conducen ás atribucións profesionais de Enxeñaría de Telecomunicación:

  • Procesado de sinal para comunicacións
  • Radiocomunicación
  • Telemática e
  • Electrónica.

No botón de abaixo podes atopar información detallada sobre as especialidades