Ao se tratar dun máster interuniversitario, cada universidade participante aplica as súas normas de xestión académica, incluídas as que teñen que ver con transferencia e recoñecemento de créditos.
Normativa de transferencia e recoñecementos de créditos da Universidade de Vigo
Aprobada por Consello de Goberno do 21/03/2018
Normativa de transferencia e recoñecementos de créditos da Universidade da Coruña
Aprobada por Consello de Goberno do 30/06/2011
Modificada por RR 25/05/2012
Modificada por RD 43/2015 (02/02/2015)
Experiencia laboral ou profesional
Na titulación de Máster en Ciberseguridade recoñeceranse créditos optativos por experiencia laboral ou profesional previa, ata un máximo de 10 ECTS e en módulos de 2,5 ECTS. Como criterio xeral, o recoñecemento de créditos farase en función da duración da experiencia laboral ou profesional acreditada, sempre que se desenvolvera en empresas, institucións ou actividades propias do ámbito da ciberseguridade con posterioridade á obtención do título co que se accede ao máster. Recoñeceranse 2,5 ECTS por cada seis meses de experiencia profesional, cun máximo acumulable de 10 ECTS.
Títulos propios
Respecto ao recoñecemento de créditos cursados en títulos propios, só se considerarán os cursados naquelas titulacións de máster adaptadas ao EEES impartidas nos centros participantes nesta proposta. Fronte á solicitude individual de cada alumno/a, a Comisión Académica do Máster estudará caso por caso as competencias e contidos formativos das materias obxecto de recoñecemento e decidirá a conveniencia do recoñecemento solicitado.
En particular, para os recoñecementos por títulos propios das universidades participantes establécese un mínimo de cero e un máximo de 15 ECTS, excluídos os créditos de prácticas en empresas e de traballo de fin de máster. Corresponderá á Comisión Académica de Máster decidir en cada caso que materias son reconocibles en función de cada caso. O máximo de 15 ECTS representa o 25% do total de créditos necesarios para obter o título, excluídos os de prácticas en empresa e traballo de fin de máster, ou o que é igual, 1/6 do total de créditos da titulación.
Ensinos superiores oficiais non universitarias
Non se recoñecerán créditos cursados en ensinos superiores oficiais non universitarias.