É un programa de acollida e integración para o estudantado de grao que chega ao seu primeiro curso na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.

integraTE

Que é integraTE?

É o programa de acollida e integración para o estudantado de Grao que chega á Escola. O programa pretende proporcionar aos estudantes de Grao un soporte na súa chegada á Escola e na súa adaptación a unha nova vida (universitaria, adulta, madura). Para elo proponse un conxunto de actividades espalladas ao longo do curso, que poden ser obradoiros, charlas ou actividades en equipo, secuenciadas de xeito que sexan útiles en cada momento do curso.

En que consiste?

É unha parte fundamental do Plan de Acción Titorial da Escola (PAT-ANEAE), proporcionando actividades axustadas a cada momento do curso académico.
Así, no primeiro cuadrimestre, buscamos reforzar os seguintes temas:

  • Presentación e coñecemento do espazo da propia Escola
  • Fortalezas de carácter e motivación
  • Técnicas de estudo
  • Xestión do tempo
  • Intelixencia emocional, auto coñecemento, xestión emocional

E no segundo cuadrimestre nos ocuparemos de cousas como:

  • Autoestima, relacións e comunicación
  • Traballo en equipo
  • Liderado

Calendario

As actividades de integraTE están recollidas no horario de primeiro curso.

O calendario completo no curso 2024/25 é:

  • Luns, 9 de setembro de 2024
    • Acto de Acollida
    • Xincana “Coñecendo a Escola e o Campus”
  • Mércores, 11 de setembro de 2024
    • Obradoiro de xestión do tempo e técnicas de aprendizaxe
    • Impartido por: Artemio Mojón Ojea, Profesor Titular da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
  • Mércores, 9 de outubro de 2024
    • Charla “Café & Drons”
    • Impartido por: Felipe Gil Castiñeira, Catedrático da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
  • Mércores, 30 de outubro de 2024
    • Charla “Café & Despregramentos de fibra”
    • Impartido por: Roberto Pérez, Socio consultor, e Tomás Prado, Xefe de proxecto, de Optare Solutions
  • Mércores, 27 de novembro de 2024
    • Charla “Café & Sistemas antidron”
    • Impartido por: Jesús M. Costa, Technological Senior Expert de Indra

.

Teño moi pouco tempo, a que me comprometo?

O teu compromiso é participar en actividades que non levan máis de hora e media ou dúas horas cada unha, e que vanche ser de utilidade no primeiro curso e, nalgúns casos, na vida.

Soa ben, é para min?

Se es estudante de primeiro curso de Grao, integraTE é un programa deseñado para ti.

Eu non acabo de telo claro, hai máis información?

Claro, podes dirixirte á Coordinación do Plan de Acción Titorial da Escola (teleco.pat@uvigo.gal), para facer preguntas por correo electrónico ou para concretar unha xuntanza presencial ou virtual na que tentaremos clarexar todas as túas dúbidas.