Na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación temos experiencia recibindo estudantes doutros países do EEES dentro do programa ERASMUS+, doutros países fora do EEES en base a diferentes programas e convenios de colaboración, e doutras comunidades dentro do programa SICUE.
Na EET recibirás unha docencia de calidade maioritariamente en grupos pequenos e orientada a proxectos en equipo. Temos ademais unha ampla oferta académica en inglés. Para acceder aos cursos de cada titulación e a outra información académica entra na titulación á que vés.
- Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (GETT)
- Bachelor Degree in Telecommunication Technologies Engineering (BTTE)
- Mestrado universitario en Enxeñaría de Telecomunicación (MET)
- Mestrado interuniversitario en CiberSeguridade (MUniCS)
- Programa de doutoramento DocTIC
Erasmus+ KA171
Se queres vir á EET solicitando unha mobilidade dentro dalgún dos proxectos KA171 nos que participamos debes acceder á páxina do proxecto correspondente:
- Proxecto de mobilidade con seis universidades da rexión dos Balcans occidentais
- Proxecto de mobilidade con duas universidades de Egipto
- Proxecto de mobilidade con unha universidade de Xordania
Máis información
Na páxina web da Universidade de Vigo tes outra información de interese para o estudantado de intercambio que nos visita.
Para dúbidas ou máis información
Subdirección de Relacións Internacionais
da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
teleco.subdir.internacional@uvigo.es