40 Anos de "Teleco" en Vigo

Este curso, estamos de aniversarios!

Este curso 2025-2026 cúmprense 40 anos da implantación dos estudos de Enxeñería de Telecomunicación en Galicia coa creación, no curso 1985-1986, da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros (ETSE) de Telecomunicación no campus de Vigo, adscrita á USC (Universidade de Santiago de Compostela).

Ata ese momento, esta titulación só se impartía na Universidad Politécnica de Madrid (UPM) e na Universitat Politècnica de Catalunya (UPC). 

En 1990, a Xunta de Galicia aproba a segregación das universidades de Vigo e da Coruña e a ETSE de Telecomunicación pasa a depender da Universidade de Vigo.

Ao principio, a titulación compartiu sede coa Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais, ata que, hai 35 anos, no curso 1990-1991 inaugúrase o edificio actual da Escola (EET).

Queres saber máis da nosa historia. Adéntrate nela na seguinte ligazón: