Conversar co doutor e enxeñeiro de Telecomunicacións Fernando Aguado (Zaragoza, 1969) é facelo co gran artífice do desenvolvemento da industria aeroespacial galega nos últimos 15 anos. O alto grao de coñecemento que revelan as súas explicacións e o entusiasmo co que fala dos proxectos en marcha indican que o sector pode contar cun amplo campo de desenvolvemento nos próximos anos na comunidade autónoma. O modelo posto en marcha pola Universidade de Vigo, coa colaboración do Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación atlanTTic, é ademais reproducible noutras áreas de investigación en Galicia. Aguado é o actual responsable do Grupo de Tecnoloxías Aeroespaciais da UVigo e na súa traxectoria destacan fitos como o lanzamento do primeiro satélite galego (Xatcobeo) en 2012 e a colaboración en distintos proxectos coa Axencia Espacial Europea (ESA).
Entrevista a Fernando Aguado, artífice do desenvolvemento aeroespacial galego nos últimos 15 anos.
GCiencia entrevistou a este profesor da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, investigador de atlanTTic e responsable do Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia e o resultado é define a ruta de por onde debe ir a nosa industria aeroespacial.