Moisés Rubén Pacheco e Marcos Martínez Cotelo premios AETG-COETG ao mellor expediente académico en 2019/20 e 20/21.

O galardón–entregado na Noite Galega das Telecomunicacións– é polo premio ao mellor expediente académico no Mestrado de Enxeñeria de Telecomunicación da Universidade de Vigo nos cursos 2019/2020 e 2020/2021

Marcos Martínez a a directora da Escola (en nome de Moisés Rubén Pacheco)

A Noite Galega das Telecomunicacións é a gran cita anual do Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, un importante encontro no que están presentes destacadas entidades, empresas e profesionais do sector TIC.

Este ano 2021 celebraron tamén o 25 aniversario do evento baixo o eslogan Liderando a transformación dixital galega. Co obxectivo de dar visibilidade á profesión desenvolveuse unha nova edición da Noite, consolidada coma un acto divulgativo de primeiro nivel cunha capacidade de convocatoria única de todo o sector das TICs en Galicia.