Ollo con todo o que segue

O que vén máis abaixo é moi parecido á páxina que temos na Sección A Escola, no apartado Presentación. Ver aquí: https://teleco.uvigo.es/a-escola/presentacion/catedras-con-empresas/

Eu creo recordar que a idea deste apartado en I+D era outra. En concreto explicar como é sistema para propoñer unha cátedra. Podemos logo relacionar as dúas páxinas para que estean unidas, alí explicar o que hai e aquí o sistema de solicitude de proposta.

Caso de que isto non teña entidade abondo, o máis coprrecto sería quitar da sección A Escola esta información e traela para aquí, para I+D e empresas. Segue o texto que propoñedes…

A definición dunha cátedra de empresa permite definir unha colaboración estratéxica e estable dunha empresa, fundación ou entidade externa coa Universidade de Vigo e, nas temáticas propias da docencia e investigación no ámbito da Enxeñaría de Telecomunicación, coa nosa escola. Esta colaboración, normalmente centrada na definición de estratexias conxuntas para a formación e para a investigación, permite establecer unha relación duradeira para acadar froitos que redunden no beneficio de ambas partes. Este instrumento ten a consideración de actividade de mecenazgo (regulada pola Ley 49/2002, de 23 de decembro) e, por tanto, os incentivos fiscais que corresponden.

Usualmente a actividade dentro dunha cátedra de empresa é monitorizada por unha Comisión de Seguimento (integrada por representates de ambas entidades) que se ocupa de definir actividades, planificalas e seguir a súa execución ao longo dos anos de vixencia da colaboración. Usualmente, establécense actividades formativas, de investigación e de divulgación da temática central da cátedra.

Na EET temos experiencia e bos resultados neste tipo de colaboracións, a través das seguintes cátedras:

Cátedra R en Ciberseguridade (dende decembro de 2018); coordinada pola docente Ana Fernández Vilas.

A Cátedra R en Ciberseguridade nace co fin de promover o desenvolvemento das competencias profesionais do alumnado universitario, mellorar a capacitación, ampliar ou actualizar os coñecementos, técnicas ou habilidades da comunidade universitaria ou doutras persoas profesionais co obxectivo de adaptalas ás necesidades da empresa, fomentar a súa formación continua, a innovación e a investigación na área da ciberseguridade. 

Neste contexto, as liñas estratéxicas de actuación están orientadas á colaboración na docencia e na investigación, especialmente no Mestrado lnteruniversitario (UVigo-UDC) en Ciberseguridade (munics.es). Está previsto impulsar aquelas actividades que permitan crear espazos de debate e difusión da actividade docente e investigadora do ámbito da ciberseguridade.

Cátedra MN en Emprendemento Tecnolóxico (dende decembro de 2019); coordinada pola docente Carmen García Mateo.

A Cátedra MN en  Emprendemento Tecnolóxico supón a colaboración estable entre a Universidade de Vigo e a empresa MN co fin de promover o desenvolvemento das competencias profesionais do estudantado universitario, mellorar a capacitación, e incentivar o emprendemento nas áreas de automatización robótica de procesos, identificación biométrica, enxeñaría lingüística e interfaces de voz, técnicas avanzadas de intelixencia artificial e xestión avanzada e masiva de datos.

Cátedra Deloitte (dende decembro de 2016 ata o 2020); coordinada polo docente Iñigo Cuiñas Gómez. 

Entre os obxectivos da cátedra está a creación dun programa de captación de talento para estudantado da Universidade de Vigo con bo expediente académico, capacidade de innovación e bo nivel de inglés. Tamén a posta en marcha de  actividades formativas que teñan como obxectivo a capacitación, especialización e actualización das competencias de membros da comunidade universitaria e de profesionais alleos que atendan as necesidades competitivas da empresa. Estes obxectivos serán artellados a través dun sistema de bolsas en prácticas por períodos máximos de 6 meses para o estudantado ou titulados recentes da Universidade de Vigo, previa selección a través dun proceso regrado. Finalmente, a cátedra prevé actividades de difusión e divulgación no ámbito das tecnoloxías da informaicón e das comunicacións (xornadas, conferencias, seminarios, publiación de traballos científicos, etc.)Se a túa entidade está interesada en definir unha cátedra coa Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, por favor, contacta coa Dirección do centro (teleco.direccion@uvigo.es).