Unha forma de establecer unha colaboración estratéxica, ampla, cualificada e estable coa contorna empresarial e as fundacións ou entidades son as Cátedras de Empresa, iniciativas que –máis aló do económico– permiten acadar mediante estratexias de docencia, formación e investigación planificadas conxuntamente, froitos que redundan directamente no beneficio de ambas as partes.

Deste xeito, dáse forma a un modelo de colaboración especialmente interesante para o futuro das entidades participantes. Neste modelo, a empresa ou entidade comprométese a unha aportación económica anual equivalente á retribución dun catedrático de universidade e a cátedra pode levar unha denominación de acordo cos seus fins. As actividades que se poden incluír no marco da cátedra son plurais e van desde a formación e intercambio de persoal e de experiencias ata a realización de proxectos de I+D.

Para o mellor funcionamento da cátedra, créase unha Comisión de Seguimento, integrada por representantes de ambas as dúas entidades, que se encarga de seleccionar as actividades, facer un seguimento delas e solventar calquera necesidade que poida xurdir.

Listaxe de cátedras

A Escola participa nas seguintes cátedras:

Data de constitución:
1 de febreiro de 2023

Dirección da cátedra:
Profesora Rebeca P. Díaz Redondo, Directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, en delegación do reitor da Universidade de Vigo

Comisión de seguemento:

  • Prof.  Manuel García Sánchez
    (Coordinador do Mestrado Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación)
  • Prof. Pedro S. Rodríguez Hernández
    (Subdirector de Captación e Difusión da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación)
  • Prof. Enrique Costa Montenegro
    (Coordinador do Plan de Acción Titorial da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación)
  • Ruth del Carmen Escarda Iglesias (Indra)
  • Manuel Angel Otero Chantada (Indra)
  • Jesús Manuel Costa Pazo  (Indra)
  • Javier Piñeiro Rodríguez (Indra)
  • Jesús Ángel García Sánchez (Indra)

Actividades da cátedra

  • Colaboración e apoio no Plan de Difusión e Captación da EET para a realización de actividades de divulgación científica e tecnolóxica que redunden na visibilidade, a difusión, o coñecemento e a práctica dos estudos que se imparten na Escola, e con iso, fomentar as vocacións científicas e tecnolóxicas entre o alumnado máis novo.
  • A creación dun programa de captación de talento, que teña por finalidade a formación de excelencia de alumnado da EET.
  • O impulso de actividades que permitan a difusión da actividade docente e investigadora do persoal docente e investigador da EET.
  • A colaboración en actividades transversais á docencia, especialmente no ámbito do Plan de Acción Tutorial (orientaTE e mentoría MEET-Teleco)
  • Promover a posta en marcha de actividades formativas que teñan por obxecto a capacitación, especialización e actualización de competencias de membros da comunidade universitaria atendendo as necesidades competitivas da empresa.
  • Organizar xornadas, conferencias, seminarios ou foros, nos ámbitos de estudos propios da Cátedra.
  • Promoción en eventos científicos e tecnolóxicos relacionados con temas de interese no ámbito da Cátedra.
  • Realización conxunta de Proxectos e Programas de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.
  • Divulgación das actividades da Cátedra.

Ano de constitución
2019 (vixencia 2 anos)

Directora da cátedra
Profesora Carmen García Mateo, en delegación do reitor da Universidade de Vigo

Actividades da cátedra
Supón a colaboración estable entre a Universidade de Vigo e MN PROGRAM co fin de promover o desenvolvemento das competencias profesionais do estudantado universitario, mellorar a capacitación, ampliar ou actualizar os coñecementos, técnicas ou habilidades dos membros da comunidade universitaria ou outros profesionais para adaptalos ás necesidades da empresa, fomentar a formación continua, a innovación e a investigación nas seguintes áreas:

  • Automatización robótica de procesos
  • Identificación biométrica
  • Enxeñaría lingüística e interfaces de voz
  • Técnicas avanzadas de intelixencia artificial
  • Xestión avanzada e masiva de datos / Big Data

Data de constitución
21/12/2016 (vixencia 4 anos) 

Director da cátedra
Profesor Iñigo Cuiñas Gómez, en delegación do reitor da Universidade de Vigo

Actividades da cátedra
Supón a colaboración estable entre a Universidade de Vigo e Deloitte Advisory na creación dun Programa de captación de talento, que teña por finalidade a formación do estudantado da Universidade de Vigo cun bo expediente académico, con capacidade de innovación e que acredite un bo nivel do idioma inglés. Promoverase a posta en marcha de actividades formativas que teñan como obxectivo a capacitación, especialización e actualización das competencias de membros da comunidade universitaria e de profesionais alleos que atendan as necesidades competitivas da empresa. Impulsarase un sistema de bolsas en prácticas por períodos máximos de 6 meses para o estudantado ou titulados recentes da Universidade de Vigo, previa selección a través dun proceso regrado. Organizaranse congresos, xornadas, conferencias, seminarios ou foros, nos ámbitos de estudos propios da cátedra. Promoverase a publicación dos estudos ou traballos científicos ou de divulgación, referidos aos ámbitos de estudos propios da cátedra.

Data de constitución
18/12/2018

Directora da cátedra
Profesora Ana Fernández Vilas, en delegación do reitor da Universidade de Vigo

Actividades da cátedra
Supón a colaboración estable entre a Universidade de Vigo e R para promover o desenvolvemento das competencias profesionais do alumnado universitario, mellorar a capacitación, ampliar ou actualizar os  coñecementos, técnicas ou habilidades da comunidade universitaria ou doutras persoas profesionais co obxectivo de adaptalas ás necesidades da empresa, fomentar a súa formación continua, a innovación e a investigación na área da ciberseguridade. Ao abeiro deste obxectivo xenérico, as liñas estratéxicas de actuación da Cátedra R en Ciberseguridade son:  

  1. A colaboración na docencia e na investigación, especialmente no Mestrado lnteruniversitario (UVigo-UDC) en Ciberseguridade (munics.es).
  2. A creación dun programa de captación de talento, que teña por finalidade a consecución da excelencia académica nas universidades de Vigo e da Coruña. 
  3. O impulso de actividades que permitan crear espazos de debate e difusión da actividade docente e investigadora do ámbito da ciberseguridade.
  4. A promoción de actuacións que estimulen a capacitación, especialización e actualización das competencias da comunidade universitaria e profesionais alleos á mesma, atendendo ás necesidades competitivas da empresa.

Data de constitución
1 de setembro de 2024

Dirección da cátedra
Profesor Óscar Rubiños López e profesora Ana Vázquez Alejos, da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, en delegación do Reitor da Universidade de Vigo

Comisión de seguimento

  • Óscar Rubiños López (Profesor EET)
  • Ana Vázquez Alejos (Profesora EET)
  • 2 membros de Oesía

Actividades da cátedra
A Cátedra Oesía ten como obxectivo fortalecer a colaboración entre a Universidade de Vigo e o Grupo Oesía a través de actividades formativas, de divulgación e de fomento da I+D+i no ámbito das tecnoloxías de comunicación. As actividades desenvolvidas no marco da Cátedra buscan impulsar a innovación tecnolóxica e a excelencia académica dos estudantes e investigadores da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.  

Actividades formativas

  • Organización de seminarios e conferencias sobre tecnoloxías de comunicación avanzadas.
  • Inclusión de proxectos específicos na materia “Laboratorio de Proxectos” de 4º curso do Grao en Enxeñaría de Telecomunicación.
  • Promoción de traballos fin de grao e mestrado con compoñentes de investigación aplicada.
  • Patrocinio de bolsas e premios para proxectos fin de grao, mestrado e tese doutoral en temáticas relacionadas coa cátedra.
  • Desenvolvemento de actividades complementarias como competicións tecnolóxicas e retos académicos para fomentar a innovación entre o alumnado.
  • Concurrencia á convocatoria de Doctorado Industrial.
  • Equipación dun laboratorio de excelencia para docencia de tecnoloxías radio avanzadas.

Propoñer unha cátedra

Se a túa entidade está interesada en definir unha cátedra
coa Escola de Enxeñaría de Telecomunicación,
por favor, contacta coa Dirección do centro