UVigo SpaceLab é un equipo creado a inicios do ano 2020 cunha perspectiva multidisciplinar de estudantes universitarios dedicados ao deseño, fabricación e operación de pequenos satélites e misións espaciais dentro do ámbito educacional. Intégrana estudantes de diferentes enxeñarías do Campus As Lagoas – Marcosende en Vigo e Campus da Auga en Ourense, chegando a ter 35 membros no curso 2021-2022. O nacemento da asociación é consecuencia do traballo iniciado na EET co lanzamento do Xatcobeo.
O equipo nunha reunión (Fai clic para ampliar):