A estudante da EET, Loreto Rodríguez Pardo (hoxe docente do Centro), recibiu en xullo de 1996 O Premio Europeo EASA 96 (European Academic Software Award) ao Proxecto Fin de Carreira “Virtual Instrumentation and Schematic Capture Program (VISCP)”. Este concurso foi creado para premiar os mellores programas educativos desenvolvidos tanto por empresas como por universidades no ámbito europeo.
O traballo de Loreto, dirixido pola profesora do Departamento de Tecnoloxía Electrónica, María José Moure Rodríguez, foi seleccionado xunto con outros 35 traballos dos 157 presentados para participar nas finais, desenvolvidas entre o 29 e o 1 de maio de 1996 na Universidade austríaca de Klagenfurt, e finalmente foi galardonado co premio EASA dentro da categoría Student Tool, disciplina Enxeñaría.
Máis información do PFC:
http://wwwg.uni-klu.ac.at/asi/easa/submissions/VISCP.html
Descargar certificado do Premio [PDF, 1MB]