EDIFY, o primeiro Doutoramento Industrial Europeo coordínao a UVigo e o dirixe un profesor da Escola

En maio de 2019 comeza o proxecto  EDIY ( European  Industral  Doctorate  in  Indium  Phosphide  integrated  Technologies, MSCA-ITN-EID-2018-813467), un Doutoramento Industrial Europeo no ámbito da  fotónica integrada, concedido dentro das accións Marie Curie de Redes Europeas de Formación (ITN) no marco da convocatoria H2020. 

Por vez primeira un equipo da UVigo, dirixido polo noso compañeiro da EET, Francisco Javier Díaz Otero, coordina un proxecto desta convocatoria. Cun consorcio de cinco entidades, un orzamento dun millón de euros e un período de actuación de 4 anos, preténdese formar oito investigadores e inverstigadoras xoves no campo da  fotónica integrada, fomentando a súa aplicación na industria por medio do desenvolvemento de novos kits e ferramentas de simulación software, para facilitar a súa integración. As persoas que participen neste programa formaranse a todos os niveis dentro do ecosistema  fotónico e interactuarán con empresas de primeiro nivel europeo nese ámbito.

O éxito deste traballo permitiu que, en outubro de 2020, o mesmo equipo da  EET conseguise estar á fronte doutro Doutoramento Industrial Europeo financiado baixo a mesma convocatoria: DRIVE-In (Integrated Photonics for the next  generation of autonomous Vehicles using InP technologies, DRIVE-In-EID-2018-860763).


Referencias de prensa:

No DUVI: O programa H2020 financiará por segundo ano consecutivo cun millón de euros a formación de investigadores en fotónica integrada


Algunhas imaxes do Proxecto Drive-In (Clic para ampliar)