En setembro de 2010, na nosa Escola ponse en marcha atlanTTic xuntando o coñecemento e esforzo de máis de 150 persoas investigadoras no ámbito das telecomunicacións e os servicios dixitais: telemática, procesado de sinal en telecomunicación e multimedia e sistemas radio. Será no ano 2019 cando a Xunta de Galicia recoñece este centro como Centro de Investigación do SUG.
atlanTTic constitúe unha estrutura investigadora potente e eficiente capaz de abordar grandes proxectos de investigación cooperativos, complexos e multidisciplinares. Dende a súa fundación foi dirixida sempre por persoal docente e investigador da EET, primeiro foi a profesora Nuria González Prelcic ata xaneiro de 2017, despois o profesor Carlos Mosquera Nartallo ata abril de 2020. A continuación comezou o seu traballo como director o profesor Martín Llamas Nistal.