En setembro de 2006, o mestrado naceu co nome de “Máster en Enxeñaría Matemática”, sendo ofertado polas tres universidades galegas. Muda o seu nome en setembro de 2013 cando se incorporan tamén outras dúas universidades ao consorcio formativo: a Universidad Politécnica de Madrid e a Universidad Carlos III de Madrid.
Este máster proporciona unha formación orientada á construción de solucións a problemas industriais, con especialización nas tecnoloxías de modelización matemática e simulación numérica, altamente demandadas. Dispón da colaboración de máis de 100 empresas que achegan casos reais para realizar os traballos fin de mestrado.
Presentación do mestrado M2i en 2013 (UVigoTV)