Os próximos 24 e 25 de febreiro celebraremos o Foro Tecnolóxico: dous días para conectar a túa formación co mundo real. Máis de 50 empresas agárdante para coñecer o teu potencial e abrirche as portas do sector. Non perdas a oportunidade de falar coas empresas e descubrir como facer que o teu talento destaque.
Ademais, contamos coas seguintes actividades:
-
Workshops especializados para reforzar competencias técnicas e profesionais.
-
Speed Recruiting, mini entrevistas dinámicas para practicar procesos reais de selección. (FORMULARIO DE INSCRICIÓN: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSd5bMv4-v4QoeXwHM0eyQ4gvAak_-HxQszvNNMP1XOS0Ksk_A/viewform?usp=dialog).
-
Mesa redonda onde responsables de RRHH debaterán sobre o acceso da mocidade ao mercado laboral nun formato participativo aberto ao alumnado e ao profesorado.
O Foro é unha excelente oportunidade para conectar con empresas, resolver dúbidas e achegarse ao ámbito profesional dun xeito práctico e directo.
Agardámosvos!
