O Mestrado en Enxeñaría de Telecomunicación ten como obxectivo que o estudantado adquira os coñecementos, habilidades e competencias que lle permitan o exercicio da profesión regulada de enxeñaría de telecomunicación (Orde CIN/355/2009, en BOE 9/2/2009), así como ter unha traxectoria profesional exitosa nun mundo onde a enxeñaría de telecomunicación abrangue ámbitos propios e entra de xeito transversal en cualquera sector social e industrial.
O Mestrado proporciona unha formación técnica e académica completa, conxuntamente coa adquisición de habilidades de comunicación e a experiencia de traballo en equipos multidisciplinares.
Resultados de Aprendizaxe Xerais
- RAG01- COMP01: Proxectar, calcular e deseñar produtos, procesos e instalacións en todos os ámbitos da enxeñería de telecomunicación.
- RAG02- HAB01: Manexar as ferramentas necesarias para dirixir obras e instalacións de sistemas de telecomunicación, cumprindo a normativa vixente, asegurando a calidade do Servizo.
- RAG03- HAB02: Manexar as ferramentas necesarias para dirixir, planificar e supervisar equipos multidisciplinares.
- RAG04- HAB03: Realizar modelado matemático, cálculo e simulación en centros tecnolóxicos e de enxeñería de empresa, particularmente en tarefas de investigación, desenvolvemento e innovación en todos os ámbitos relacionados coa Enxeñería de Telecomunicación e campos multidisciplinares afíns.
- RAG05- HAB04: Aplicar metodoloxías de elaboración, planificación estratéxica, dirección, coordinación e xestión técnica e económica de proxectos en todos os ámbitos da Enxeñería de Telecomunicación seguindo criterios de calidade e ambientais.
- RAG06- HAB05: Utilizar ferramentas propias de dirección xeral, dirección técnica e dirección de proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación, en empresas e centros tecnolóxicos.
- RAG07- CON01: Coñecer os mecanismos de posta en marcha, dirección e xestión de procesos de fabricación de equipos electrónicos e de telecomunicacións, con garantía da seguridade para as persoas e bens, a calidade final dos produtos e a súa homologación.
- RAG08- HAB06: Aplicar os coñecementos adquiridos e resolver problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos e mulitidisciplinares, sendo capaces de integrar coñecementos.
- RAG09- CON02: Comprender a responsabilidade ética e a deontologxía profesional da actividade da profesión de Enxeñeiro de Telecomunicación.
- RAG10- HAB07: Aplicar os principios da economía e da xestión de recursos humanos e proxectos, así como a lexislación, regulación e normalización das telecomunicacións.
- RAG11- HAB08: Comunicar (de forma oral e escrita) as conclusións- e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
- RAG12- HAB09: Aprender de forma continuada, autodirixida e autónoma.
- RAG13- CON03: Coñecer, comprender e aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de Enxeñeiro de Telecomunicación.
Resultados de Aprendizaxe Transversais
- RAT01- HAB10: Predicir e controlar a evolución de situacións complexas mediante o desenvolvemento de novas e innovadoras metodoloxías de traballo adaptadas ao ámbito científico/investigador, tecnolóxico ou profesional concreto, en xeral multidisciplinar, no que se desenvolva a súa actividade.
- RAT02- COMP02: Desenvolver a autonomía suficiente para participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas ou tecnolóxicas dentro o seu ámbito temático, en contextos interdisciplinares e, no seu caso, cunha alta compoñente de transferencia do coñecemento.
- RAT03- CON04: Concibir a Enxeñería nun marco de desenvolvemento sostible.
- RAT04- HAB11: Tomar conciencia da necesidade dunha formación e mellora continua de calidade, desenvolvendo valores propios da dinámica do pensamento científico, mostrando unha actitude flexible, aberta e ética #ante opinións ou situacións diversas, en particular en materia de non discriminación por sexo, raza ou relixión, respecto aos dereitos fundamentais, accesibilidade etc.
- RAT05- HAB12: Favorecer o traballo cooperativo, as capacidades de comunicación, organización, planificación e aceptación de responsabilidades nun ambiente de traballo multilingüe e multidisciplinar, que favoreza a educación para a igualdade, para a paz e para o respecto dos dereitos fundamentais.
- RAT06- CON05: Adquirir coñecementos avanzados e demostrar, nun contexto de investigación científica e tecnolóxica ou altamente especializado, unha comprensión detallada e fundamentada dos aspectos teóricos e prácticos e da metodoloxía de traballo nun ou máis campos de estudo.
- RAT07- CON06: Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/o aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
- RAT08- COMP03: Integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación de coñecementos e xuízos.
- RAT09- CON07: Coñecer os procedementos para innovar e xestionar ideas e creatividade.
- RAT10- HAB13: Ser capaz de utilizar a IA Xenerativa de forma ética, crítica e responsable.
- RAT11- CON08: Coñecer as limitacións, riscos e implicacións do uso da IA Xenerativa.
Resultados de Aprendizaxe Específicos
- RA01- HAB14: Aplicar métodos da teoría da información, a modulación adaptativa e codificación de canle, así como técnicas avanzadas de procesado dixital de sinal aos sistemas de comunicacións e audiovisuais.
- RA02- HAB15: Desenvolver sistemas de radiocomunicacións: deseño de antenas, equipos e subsistemas, modelado de canles, cálculo de ligazóns e planificación.
- RA03- HAB16: Implementar sistemas por cable, liña, satélite en contornas de comunicacións fixas e móbiles.
- RA04- COMP04: Deseñar e dimensionar redes de transporte, difusión e distribución de sinais multimedia.
- RA05- COMP05: Deseñar sistemas de radionavegación e de posicionamento, así como sistemas radar.
- RA06- COMP06: Modelar, deseñar, implantar, xestionar, operar, administrar e manter redes, servizos e contidos.
- RA07- HAB17: Realizar a planificación, toma de decisións e empaquetamiento de redes, servizos e aplicacións considerando a calidade de servizo, os custos directos e de operación, o plan de implantación, supervisión, os procedementos de seguridade, o escalado e o mantemento, así como xestionar e asegurar a calidade no proceso de desenvolvemento.
- RA08- CON09: Comprender e saber aplicar o funcionamento e organización da internet, as tecnoloxías e protocolos da internet de nova xeración, os modelos de compoñentes, software intermediario e servizos.
- RA09- HAB18: Resolver a converxencia, interoperabilidade e deseño de redes heteroxéneas con redes locais, de acceso e troncais, así como a integración de servizos de telefonía, datos, televisión e interactivos.
- RA10- COMP07: Deseñar e fabricar circuítos integrados.
- RA11- CON10: Coñecer as linguaxes de descrición hardware para circuítos de alta complexidade.
- RA12- HAB19: Utilizar dispositivos lóxicos programables, así como deseñar sistemas electrónicos avanzados, tanto analóxicos como dixitais. Deseñar compoñentes de comunicacións por exemplo encaminadores, conmutadores, concentradores, emisores e receptores en diferentes bandas.
- RA13- HAB20: Aplicar coñecementos avanzados de fotónica e optoelectrónica, así como electrónica de alta frecuencia.
- RA14- HAB21: Desenvolver instrumentación electrónica, así como transductores, actuadores e sensores.
- RA15- HAB22: Integrar tecnoloxías e sistemas propios da Enxeñería de Telecomunicación, con carácter xeneralista, e en contextos máis amplos e multidisciplinares por exemplo en bioingeniería, conversión fotovoltaica, nanotecnoloxía, telemedicina.
- RA16- HAB23: Aplicar metodoloxías de elaboración, dirección, coordinación, e xestión técnica e económica de proxectos sobre: sistemas, redes, infraestruturas e servizos de telecomunicación, incluíndo a supervisión e coordinación dos proxectos parciais da súa obra aneja; infraestruturas comúns de telecomunicación en edificios ou núcleos residenciais, incluíndo os proxectos sobre fogar dixital; infraestruturas de telecomunicación en transporte e medio ambiente; coas súas correspondentes instalacións de subministración de enerxía e avaliación das emisións electromagnéticas e compatibilidade electromagnética.
- RA17- COMP08: Realizar, presentar e defender, unha vez obtidos todos os créditos do plan de estudos, un exercicio orixinal realizado individualmente #ante un tribunal universitario, consistente nun proxecto integral de RA18-
- HAB24: Elaborar, planificar estratexicamente, dirixir, coordinar e xestionar técnica e economicamente proxectos espaciais na contorna terrestre e de espazo profundo, aplicando estándares de Enxeñería de Sistemas Espaciais, con coñecemento dos procesos de operación dun satélite.
- RA19- HAB25: Aplicar métodos estatísticos de procesado de sinal aos sistemas de comunicacións e audiovisuais.
- RA20- HAB26: Xestionar a adquisición, estruturación, análise e visualización de datos, extraendo a información e coñecemento subxacente, valorando de forma crítica os resultados, e aplicándoo á innovación e toma de decisións estratéxicas en distintos ámbitos.
- RA21- CON11: Comprender e saber explotar os procesos de formación e difusión de información nas redes sociais, aplicándoos á mellora da internet.
- RA22- COMP09: Deseñar e xestionar sistemas distribuídos baseados na aprendizaxe e en incentivos.
- RA23- HAB27: Integrar tecnoloxías de conversión fotovoltaica para alimentación de sistemas propios da Enxeñería de Telecomunicación.
- RA24- HAB28: Construír un sistema de medida dunha variable física desde o transductor ata a interface de usuario, incluíndo coñecementos de metroloxía, de topoloxías básicas de acondicionamento de sinal e de software de instrumentación.
- RA25- HAB29: Aplicar distintos métodos numéricos, a súa programación e/o utilización para obter solucións aproximadas dos modelos matemáticos de problemas reais.
- RA26- HAB30: Aplicar algoritmos de optimización numérica en problemas relacionados coa industria das telecomunicacións.
- RA27- HAB31: Modelar, operar, administrar, e afrontar o ciclo completo e empaquetamiento de redes, servizos e aplicacións considerando a calidade de servizo, os custos directos e de operación, o plan de implantación, supervisión, seguridade, escalado e mantemento, xestionando e asegurando a calidade no proceso de desenvolvemento.
- RA28- HAB32: Comprender, deseñar, configurar, xestionar, manter, diagnosticar, solucionar problemas e implantar políticas de seguridade nunha rede corporativa (equipos, protocolos e servizos).
- RA29- CON12: Coñecer os principais estándares no ámbito da codificación de audio e vídeo.
- RA30- CON13: Comprender os principais problemas que se expoñen na transmisión de contidos multimedia.
- RA31- CON14: Coñecer os protocolos de transporte e de sinalización empregados polas aplicacións multimedia.
- RA32- CON15: Coñecer as principais técnicas para a distribución eficiente de contidos multimedia.
- RA33- HAB33: Configurar e despregar servizos de streaming e de VoIP.
- RA34- CON16: Coñecer as principais tecnoloxías de rede para a distribución multimedia nas redes de acceso.
- RA35- HAB34: Buscar e filtrar recursos na Web de forma eficiente, usar distintas ferramentas de traballo colaborativo e producir contidos na Web Social, para comunicarse con outras persoas co obxectivo de crear coñecemento conxunto, e poder crear unha rede persoal de aprendizaxe adecuada ao perfil.
- RA36- HAB35: Identificar o concepto de vantaxe competitiva e manexar adecuadamente algúns indicadores que aproximan a creación de valor na empresa, así como o papel que desempeña a estratexia neste proceso. En particular, identificar os diferentes niveis dentro da estratexia da empresa e as decisións máis relevantes en cada un deles.
- RA37- HAB36: Valorar o potencial de beneficios que ofrece un determinado sector industrial a partir da análise dunha serie de dimensións básicas.
- RA38- HAB37: Realizar un diagnóstico da realidade interna da empresa, detectar tanto os seus puntos débiles como os fortes e identificar aqueles recursos e capacidades susceptibles de ser fonte dunha vantaxe competitiva sostible.
- RA39-HAB25: Construír, explotar e xestionar sistemas de captación, transporte, representación, procesado, almacenamento, xestión e presentación de información multimedia, desde o punto de vista dos sistemas electrónicos.