A Comisión Académica establecerá as equivalencias entre estudios superados en outras universidades e os que poidan ser recoñecidos no plano de estudos. Tamén poderá establecer táboas de equivalencia especificando os créditos que se recoñecen.
A experiencia laboral e profesional acreditada poderá ser tamén recoñecida en forma de créditos, en número non superior ao 15% dos créditos totais do título (9 ECTS)
En canto aos recoñecementos por títulos propios doutras universidades, establécese un máximo de 9 ECTS en función dos contidos.