O perfil de acceso correspóndese co dun titulado ou titulada nun grao relacionado co ámbito das TIC, polo que se espera que conte con habilidades de programación, deseño de algoritmos e coñecementos de arquitectura de computadores.

A continuación, indícase unha serie de titulacións que se denominarán Preferentes. No caso de que o estudantado solicite a súa admisión e posúa un título técnico que non se considere preferente, valorarase a aceptación da súa solicitude para proceder á súa baremación:

Denomínanse Titulacións preferentes, incluíndo títulos con denominacións equivalentes ou alternativas a este listado, as seguintes titulacións universitarias de grao, licenciatura ou enxeñaría técnica:

  • Enxeñaría Informática
  • Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
  • Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
  • Ciencia e Enxeñaría de Datos
  • Creación Dixital, Animación e Videoxogos
  • Robótica
  • Física
  • Intelixencia Artificial

Tamén se facilita a incorporación de profesionais do sector con experiencia, que desexen orientar o seu desenvolvemento profesional cara á XR, posibilitando a matrícula a tempo parcial que compatibilice a súa actividade laboral cos estudos do máster.

O baremo de avaliación das solicitudes de ingreso aceptadas pola Comisión Académica basearase nos seguintes aspectos:

  • Expediente académico: ata o 70% da nota. Para estudantado procedente de titulacións que non se consideran Titulacións Preferentes, o seu expediente académico será multiplicado por un factor de ponderación, menor que 1, relacionado coa carga académica cursada en habilidades de programación, deseño de algoritmos e coñecementos de Electrónica. A forma de calcular este factor de ponderación será fixada pola Comisión Académica antes da apertura do proceso de preinscrición e matrícula.
  • Experiencia investigadora: ata o 30% da nota. Poderase concertar unha entrevista persoal para valorar a adecuación.
  • Experiencia laboral: ata o 30% da nota. Poderase concertar unha entrevista persoal para valorar a adecuación.
  • Outros méritos relacionados co ámbito da Realidade Estendida: ata o 10% da nota. Poderase concertar unha entrevista persoal para valorar a adecuación.
  • Situación de desemprego no momento de facer a solicitude de reserva de praza: ata o 10% da nota.

Os porcentaxes concretos asociados ao baremo para cada curso académico serán establecidos e publicados con anterioridade ao comezo dos períodos de preinscrición e matrícula.

Podes atopar os procedementos de admisión e matrícula de cada universidade nos seguintes enlaces:

UVigo: https://www.uvigo.gal/estudar/acceder/acceso-masters
UDC: https://www.udc.es/es/sigma/matricula