DENOMINACIÓN DO TÍTULO
Máster Universitario en Internet das Cousas (IoT) 

NÚMERO DE CRÉDITOS
60 ECTS

UNIVERSIDADES PARTICIPANTES
Universidade de Vigo (Coordinadora), Universidade da Coruña e Universidade de Santiago de Compostela

CENTRO/S ONDE SE IMPARTE 

  • Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (UVigo)
  • Facultade de Informática (UDC)
  • Escola Técnica Superior de Enxeñería (USC)

TÍTULO CONXUNTO
Si

CENTRO RESPONSABLE
Facultade de Informática
Campus de Elviña
15071 A Coruña

COORDINADOR DA TITULACIÓN
José Carlos López Ardao (UVigo)
teleco.miot@uvigo.gal

OUTROS DATOS

  • Rama de coñecemento:
    Enxeñaría Eléctrica, Enxeñaría Electrónica e Enxeñaría de Telecomunicación
  • Habilita para profesión regulada:
    Non
  • Nivel MECES:
    3
  • Modalidade de ensino:
    Presencial
  • Número de prazas ofertadas:
    40 (10 na Universidade de Vigo)
  • Linguas empregadas:
    Castelán e galego
  • Especialidades:
    É obrigatorio cursar unha especialidade de 15 ECTS, dos cales 12 ECTS son obrigatorios para a especialidade, incluíndo 3 ECTS de prácticas en empresa, e 3 ECTS son optativos. Ofrécense 3 especialidades:
    • IoT Industrial (IIoT)
    • Sociedade 5.0
    • Vehículo conectado

Para obter o título de MUIoT é necesario superar 60 créditos ECTS que se dividen en:

TIPO DE MATERIACRÉDITOS ECTS
Obrigatorias (OB)39
Optativas (OP)151
Prácticas externas3
Traballo Fin de Mestrado6
Totais60
  1. Os 15 créditos ECTS optativos correspóndense cunha especialidade, e inclúen á súa vez os 3 créditos ECTS das prácticas externas, as cales son obrigatorias dentro de cada especialidade. ↩︎

O Real Decreto 861/2010 do 2 de xullo –que modifica o Real Decreto 1393/2007 do 29 de outubro– polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais, recolle que os plans de estudos conducentes á obtención de títulos oficiais serán verificados polo Consello de Universidades, sendo a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) a encargada de avaliar os plans de estudos dos títulos expedidos en Galicia.

Estes plans de estudos recóllense nunha memoria que o Ministerio de Educación pon ao dispor das universidades para a verificación dos títulos e as súas posibles modificacións. Esa memoria coñécese como memoria de verificación porque pertence ao programa Verificación da ACSUG.

No Rexistro Xeral de Universidades, Centros e Títulos (RUCT) pode consultarse a evolución da titulación con detalle. Algúns fitos importantes son:

  • Alta inicial no RUCT: DD/MM/2024

Podes consultar a Memoria de Verificación de MUIoT actualmente vixente (dende o curso 2024-2025) facendo clic no botón