O grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunciación consta de catro itinerarios que dan acceso á profesión regulada de Enxeñería Técnica de Telecomunicación nas súas diferentes especialidades: Sistemas de Telecomunicación, Son e Imaxe, Telemática e Sistemas Electrónicos. 

Cada estudante debe cursar, polo menos, unha mención completa (48 ECTS, 8 materias), planificada para o terceiro e cuarto cursos académicos. Adicionalmente –e planificadas para o cuarto curso académico– o estudantado pode escoller un total de 3 materias optativas (18 ECTS), segundo os seus intereses.. 

Todas as materias que conforman as mencións son de carácter optativo polo que unha opción atractiva é cursar dous bloques de 48 ECTS (8 materias cada bloque) entre terceiro e cuarto curso, obtendo a titulación con dúas especializacións, cursando só 30 ECTS (5 materias) adicionais aos 240 do grao.

Mención en Sistemas de Telecomunicacións

(48 ECTS)

Mención en Sistemas Electrónicos

(48 ECTS)

Mención en Telemática

(48 ECTS)

Mención en
Son e Imaxe

(48 ECTS)

Optatividade


(18 ECTS)

A titulación capacitará ás persoas tituladas para exercer a profesión regulada de Enxeñería Técnica de Telecomunicación, nunha especialidade en función do itinerario seguido.

Todos os egresados e egresadas desta titulación cumprirán os requisitos de acceso aos estudos de Grao en Enxeñería de Tecnoloxías de Telecomunicación establecidos na Orde CIN/352/2009 pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñaría Técnica de Telecomunicación.

Mención/especialidade en Sistemas de Telecomunicación (ST)

Con este perfil téñense as capacidades necesarias para asumir responsabilidades e funcións relacionadas coas comunicacións móbiles, fibra óptica, sistemas de radio e televisión, comunicacións vía satélite, sistemas sen fíos, tratamento de imaxe etc.

As 8 materias que conforman os 48 ECTS da mención son as seguintes:

  • Electrónica de radiocomunicación
  • Tecnoloxías de alta frecuencia
  • Comunicacións ópticas e fotónica
  • Sistemas de comunicación por radio
  • Tratamento dixital de sinais
  • Comunicacións dixitais
  • Xestión do espectro radioeléctrico
  • Detección de sinais radio

Con este perfil téñense as capacidades necesarias para asumir responsabilidades e funcións relacionadas cos servicios telemáticos e multimedia, big data, internet e outras redes de comunicacións,  ciberseguridade, programación de apps para móbiles etc.

As 8 materias que conforman os 48 ECTS da mención son as seguintes:

  • Seguridade
  • Basees de datos
  • Arquitectura e tecnoloxía de redes
  • Sistemas distribuídos e concorrentes
  • Desenvolvemento de aplicacións web
  • Arquitecturas e servizos na nube
  • Análise e avaliación de redes
  • Tecnoloxías avanzadas de rede

Esta especialidade está deseñada para para traballar na industria audiovisual (produción, deseño de instalacións, difusión de contidos: streaming, televisión dixital) pero tamén en aplicacións da acústica (en construción, industria…). Ademais, abarca o procesado de son, imaxe e vídeo, incluíndo áreas como o recoñecemento, a síntese, a visión artificial e as aplicacións da intelixencia artificial no ámbito audiovisual.

As 8 materias que conforman os 48 ECTS da mención son as seguintes:

  • Sistemas interactivos
  • Enxeñería acústica
  • Procesado de son
  • Sistemas de imaxe
  • Fundamentos de procesado de imaxe
  • Acústica arquitectónica
  • Deseño de instalacións audiovisuais
  • Sistemas de vídeo

Con este perfil téñense as capacidades necesarias para asumir responsabilidades e funcións relacionadas co deseño electrónico, domótica e electromedicina, instrumentación, automoción, sistemas electrónicos de control, construción de máquinas de proceso xeral (computadores), almacenamento e transmisión de sinais e conversión de enerxías.

As 8 materias que conforman os 48 ECTS da mención son as seguintes:

  • Electrónica analóxica
  • Deseño de sistemas dixitais para procesado de sinal
  • Electrónico de potencia
  • Introdución aos sistemas empotrados
  • Sistemas de adquisición de datos
  • Deseño de sistemas conectados
  • Deseño microelectrónico
  • Sensores e instrumentación