
Talleres de ciencia e tecnoloxía para nenas na Escola de Enxeñería de Telecomunicación de Vigo
O próximo 22 de marzo, a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación de Vigo será o escenario dunha nova edición de Oracle4Girls, unha iniciativa de Oracle. Nesta edición nenas e rapazas de entre 4 a 16 anos poderán inscribirse e desfrutar duns talleres únicos deseñados para inspiralas a explorar o seu futuro nas ciencias e a tecnoloxía. Estes talleres buscan fomentar o interese polas carreiras STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) e destacar as oportunidades no sector das TIC, onde as mulleres aínda están insuficientemente representadas.
Bótalle unha ollada aos talleres que ofertamos en cada franxa de idade (4-6 anos, 7-9 anos, 10-13 anos e 14-16 anos) aquí.
Queremos dirixirnos especialmente aos pais e nais, quen xoga un papel crucial na orientación e apoio das súas fillas cara a estas disciplinas. Nun mundo onde as tecnoloxías como a programación, a robótica, a intelixencia artificial e a realidade aumentada están a transformar o futuro, estes talleres non só brindan coñecementos técnicos, senón que tamén celebran o papel das mulleres que, con esforzo e dedicación, abriron camiño nestes campos. Nais e pais tamén poderán desfrutar da xornada cunhas charlas divulgativas sobre o uso das tecnoloxías en familia.
Unha oportunidade para motivar e empoderar ás novas xeracións de mozas a converterse nas líderes tecnolóxicas do mañá. Non o perdas!
Bus de recollida opcional (gratuíto)
- Saída Fronte antiga Reitorado (Arenal) 9.15 h.
- Parada Praza de España (Kiosko) ás 9.25 h.
- Parada Praza de América (Parada Bus fronte pavillón Travesas) 9.35 h.
- Chegada a Teleco ao redor das 10.00 h.
- Bus de regreso ao final do evento cara a 13:10 (mesmas paradas).
Organiza:

Colaboran:


