Este día internacional –11 de febreiro–, aprobado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas en 2015, pretende conseguir o acceso e participación plena e equitativa de mulleres e nenas no ámbito científico. É un día recordatorio que serve para lembrar que as mulleres temos un papel fundamental na ciencia e na tecnoloxía. 

Co gallo desta celebración, a EET organiza dende hai anos unha xornada de obradoiros relacionados coa programación e a robótica ao amparo da actividade Elas Fan CienTec da UVigo.

Nesta xornada, alumnas de secundaria visitan o noso centro e fan obradoiros dirixidos por alumnas de Enxeñaría de Telecomunicación, coordinadas pola persoa que actúa como enlace de Igualdade no centro. Esta actividade está patrocinada pola Cátedra Indra.

Na edición de 2025, visitáronnos 60 alumnas do IES Castelao, de Vigo.


Queres saber como foi a xornada de 2024?

Ademais, docentes e investigadoras da EET  tamén celebran este día con charlas en centros de primaria e secundaria: pequenas exposicións orais divulgativas relacionadas coa participación de mulleres no ámbito científico-tecnolóxico.

Queres máis información sobre esta xornada?

Contacta con nos!